Corazóns Solidarios: Alimentos para Todos

adminON
Lectura mínima de 1

Desde o Concello de Baiona nesta semana de San Valentín, queremos convidarvos a todos a unirvos á campaña “Corazóns solidarios: alimentos para todos”. Xuntos, podemos facer unha gran diferenza na vida de quen máis o necesitan.

A partir de mañá recolleremos alimentos non perecedoiros para a ONG AXUDA AO MUNDO NECESITADO. A túa colaboración é fundamental para levar un pouco de amor e esperanza a quen está pasando por momentos difíciles.

Anímate a participar! Cada pequeno xesto conta e, coa túa axuda, podemos encher moitos corazóns de alegría. E se non pertences a clubs ou colexios da vila e queres colaborar achégache coa túa doazón ao pavillón de deportes, para máis información teléfono:986356558

Grazas por ser parte desta iniciativa! 💕✨

Comparte este artigo