CorreMos contra o Cancro presenta a súa 3ª edición que inclúe unha nova categoría de carreira de 5,4 Km

adminON
Lectura mínima de 3
  • O recadado coas inscricións será destinado á AECC de Mos
  • O evento deportivo solidario ten uns padriños de honra dende a súa primeira edición: Vero Romero e Carlos Adán

Esta mañá realizouse no Pazo de Mos a presentación 3ª edición da carreira popular do Concello de Mos CorreMos contra o Cancro. Trátase dun evento deportivo solidario e benéfico, xa que o recadado coas inscricións será en beneficio da Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro.

No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, membros da directiva de AECC Mos, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Ramón Vilanova, os atletas colaboradores na organización do evento deportivo e padriños do mesmo dende a súa 1ª edición, a mosense Verónica Romero e Carlos Adán, a concelleira de Deportes do Concello de Mos, Feli Rodríguez e a edil de Política Social, Sara Cebreiro.

Cómpre destacar sobre esta terceira edición de CorreMos contra o Cancro unha novidade incluída este ano que consiste en que ademais da andaina de 7 km e a carreira de 10 Km, haberá tamén unha carreira de 5,4 km que era algo moi demandado polo público participante.

A III CorreMos contra o Cancro celebrarase o domingo 23 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos e incluirá modalidade de adultos e modalidade infantil.

  • HORARIO MODALIDADE ADULTOS:

o 10:00 H • CARREIRA 10 KM (prezo da inscición: 10€)

o 10:00 H • CARREIRA 5,400 KM (prezo da inscición: 10€)

o 10:20 H • ANDAINA 7 KM (prezo da inscición: 5€)

  • HORARIO MODALIDADE INFANTIL:

o 11:45 H • CATEGORÍA MINIONS (nacidos 2012 – 2015) 1,5 km (prezo da inscición: 3€)

o 12:10 H • CATEGORÍA PATRULLA (nacidos 2016 – 2019) 500 mts (prezo da inscición: 3€)

o 12:30 H • CATEGORÍA POCOYÓ (nacidos 2020 – 2022) 120 mts (de balde)

As inscricións, tanto nas carreiras infantil e de adultos, como na andaina se atopan xa abertas. As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das categorías da carreira deben facelo a través de www.cronotec.es e as inscricións na andaina poden facerse tamén en www.cronotec.es ou ben presencialmente na Piscina Municipal de Mos, sita no Pavillón Óscar Pereiro, ou no edificio Multiusos das Pozas.

Comparte este artigo