A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Baiona informa do corte do tráfico desde o mércores 17 de xaneiro ata o venres 19 no barrio de Cova Terreña debido a uns traballos que levará a cabo a empresa da xestión sostible do Ciclo Integral da auga no municipio, Gestagua. A afección da circulación produciranse concretamente na intersección entre a subida á Rúa Cova Terreña e o Camiño Barxiela.
A Xefatura da Policía Local de Baiona deseñou un operativo que supón o corte do tráfico na zona fóra dos residentes. Especificaranse os traballos indicando o desvío alternativo na rotonda dos Tendais, no Camiño Barxiela e o Camiño do Rolán especificando as vías alternativas.
Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar os traballos aos veciños e veciñas do municipio.

