Home Pontevedra Récord de participación na Carreira Infantil da Ostra

Récord de participación na Carreira Infantil da Ostra

- Anuncio -

Máis de 440 crianzas participaron nesta xornada na Carreira Infantil da Ostra celebrada no Peirao de Arcade. Unha cita que, por primeira vez, contou cunha carreira inclusiva, adaptada e que tamén visibilizou a súa parte máis solidaria coa presenza da Asociación Bicos de Papel.

Éxito de participación nesta ca Carreira Infantil da Ostra, que tralo cambio de data, debido ao mal tampo na súa data orixinal o 31 de marzo, se celebrou nesta xornada dominical con éxito de asistencia e coa participación de máis de 440 crianzas. Trátase dunha carreira pedestre que se realizou por categorías de idade, con percorridos adaptados e trazado na área recreativa do Peirao de Arcade.
O obxectivo principal desta cita é a celebración da Festa do pobo a través dunha proba deportiva valorando sobre todo a compoñente social e participativa, representada con premios a todas e todos os participantes.
Ademais este ano tamén se cambiou o percorrido deste evento deportivo que se centrou máis no entorno do paseo do peirao de Arcade.
Trátase, como xa dixemos, dunha carreira que ten como obxectivo a participación, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado. Todo os participantes recibiron o mesmo agasallo como recoñecemento o seu esforzo. Todas e todos recibiron unha medalla e unha mochila coa súa merenda e con material didáctico e información relativa á promoción de hábitos saudables.
Ademais, é a primeira edición na que se realiza unha carreira inclusiva, que responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada quen. O percorrido realizouse co acompañamento de persoas familiares ou amigas e con persoas voluntarias. Tamén é a primeira vez que se fai unha carreira adaptada porque adecuouse a proba ás necesidades de cada persoa. Deste xeito, a persoa participante con diversidade funcional con necesidades especiais, puido realizar un percorrido exclusivo de aproximadamente 150 metros. Unhas medidas incluídas dentro do programa “Soutomaior Inclusivo”.
Os primeiros en arrancar esta carreira da Ostra foi a Carreira Inclusiva cun percorrido de 150 metros, a continuación foron as máis pequenas e pequenos da casa os Biberón B que correron acompañadas e a acompañados unha distancia de 50 metros, seguidos dos Biberóns A pequenas e pequenos que correron xa sós una distancia de 150 metros, Premenxamíns 300 metros, Benxamíns 400 metros, Alevíns 500 metros e a categoría de Infantís, os últimos en saír, percorreron 600 metros.
Nesta edición tamén falamos dunha carreira solidaria, xa que se proporcionou a visibilidade e posibilidade de colaborar coa Asociación BICOS DE PAPEL (que desenvolve o seu traballo coas familias cuxos fillos foron ou están a ser tratados na Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo) a través da colocación dun stand durante o desenvolvemento da carreira co obxectivo de recadar fondos coa participación voluntaria dos participantes e as súas familias.
Unha carreira organziada polo concello de Soutomaior e na que colaboraron Abanca, Caixabank, Miler Vintage Running Club Pontevedra, a Rede Galega de Promoción da Saúde.Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas