Os traballos de ampliación e mellora na estrada do Torreiro en Chapela obrigarán a cortar este vial ao tráfico nas inmediacións da Igrexa de San Fausto. O corte realizarase o próximo martes, día 16, e segundo a empresa responsable dos traballos prolongarase durante toda a semana. As obras suporán tamén o corte da pasarela elevada peonil que cruza a autoestrada a partires do luns, día 15. Esta mellora forma parte dos traballos de reposición viaria na parroquia de Chapela a cargo de Audasa pola ampliación da AP-9. O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, explica que os traballos “permitirán ampliar a pasarela e mellorar a mobilidade”.

