Home Pontevedra Baixo Miño Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

- Anuncio -

Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas

O Rosal demostra unha vez máis que o Nadal é moito máis que luces e agasallos. A veciñanza rosaleira continúa cunha tradición que combina sostibilidade, reciclaxe e unión comunitaria, creando decoracións para estas datas que xa enchen de cor e orixinalidade as rúas e prazas do municipio.

Figuras con todo detalle feitas en madeira, bonecos de neve realizados empregando pneumáticos usados, trens armados con caixas, artísticas decoracións con palés, composicións con xente cociñando con olas reais, un belén nun lavadoiro ou pezas rematadas con teas tratadas con todo coidado e detalle son algúns dos exemplos do talento e compromiso que destacan este ano.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, salienta que o nadal sostible é un proxecto marabilloso que non só fomenta o coidado do noso medio ambiente e da nosa contorna, senón que une ás persoas e fomenta a colaboración. Estas xuntanzas permiten socializar, traballar en equipo e desfrutar xuntos e xuntas con ilusión da maxia destas datas”.

Un nadal cheo de arte, creatividade  e sobre todo moita implicación veciñal no que participaron algúns barrios como Martín, Novás, Pancenteo, O Xestal, Fornelos, As Eiras ou A Fecha, aínda que noutros lugares como O Picón ou San Miguel veciños e veciñas decidiron sumarse a título individual a esta fermosa iniciativa que cada ano gaña máis participantes por todo o concello.

Cada creación reflicte o carácter innovador da comunidade e “sorprende coa súa creatividade e habilidade, converténdose en verdadeiros e verdadeiras artistas. É emocionante ver como aproveitan os materiais máis diversos para darlle unha nova vida e crear obras tan especiais”, subliñou a concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez.

Dende o Concello felicítase e agradécese o esforzo de toda a veciñanza que fai posible este Nadal sostible, unha iniciativa que “non só reflicte o carácter asociativo e colaborativo do Rosal, senón que marca o camiño para un futuro máis consciente, respectuoso e sostible”, recalcou a rexedora, que convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a visitar estas creativas obras de arte.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

A Deputación leva este xoves a Arbo, Baiona e Salceda de Caselas o circuíto...

0
“Lúa quere viaxar a… Marte” de A Xanela do Maxín chegará ás 11:00 horas á biblioteca municipal de Arbo mentres que á praza do...

Publicacións Relacionadas