A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros cunca e nécora para amosar a cidade dende o punto de vista gastronómico. Aberto a residentes e visitantes, Cunca e nécora arrinca este sábado, 7 de decembro e fará a súa última saída o día 21.
Estará dividido en tres tipos de roteiros con degustación: tradicional, mariñeiro e vegano. A participación é baixo inscrición previa no mail: paseapontevedra@gmail.com e o prezo de participación por persoa é de 15 euros. O roteiro tradicional será os días 8, 14 e 15 de decembro ás 20h e o día 21 de decembro ás 12 horas. O roteiro