Home Deputacións Deputación Pontevedra O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para reprobar a Pedro Sánchez “en repulsa á cacería que está a sufrir o presidente do Goberno e que pon en xaque a nosa democracia”

- Anuncio -

Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado en destruír ao Presidente”

O Grupo Provincial do PSdeG-PSOE abandonou hoxe o Pleno da Deputación de Pontevedra en sinal de repulsa pola moción do Partido Popular para a reprobación de Pedro Sánchez, “nunha nova acción enmarcada na cacería da dereita e da ultradereita contra o presidente do Goberno de España que está a poñer en xaque a nosa democracia”.
A portavoz socialista, Ana Laura Iglesias, xunto aos oito integrantes do Grupo Provincial, mostrou a súa indignación ante a actitude do goberno do PP de Luís López que “lonxe de contribuír á estabilidade dunha institución como é a Deputación, segue a bailar ao ritmo que marcan Feijoo e Génova traendo a este pleno o ruído e a vergoña que como oposición o Partido Popular está a xogar en Madrid e que tanto dano está a facer ao noso Estado de Dereito”.
Iglesias cualificou de inaudito que se utilicen institucións como a Deputación de Pontevedra “para facer dano gratuíto, cando non ten nada que ver coa política provincial, e denunciou que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado con destruír coas armas que sexan ao Presidente do Goberno de España”.
A portavoz expresou “o apoio total e sen fisuras” a Pedro Sánchez nun momento no que, amais, se está a demostrar a enorme necesidade que este país ten da súa presidencia para frear esta onda reaccionaria e retrógrada de involución, mentiras, bulos, fake news e descrédito na que están sumindo ao Estado”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas