Cuntis acolle a presentación de ‘Los exvotos en Galicia: su significación en la religiosidad popular

adminON
Lectura mínima de 2

A obra do cuntiense José Fuentes Alende consta de dous volumes e  foi presentada na Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres 

O alcalde, Manuel Campos, salienta o gran traballo realizado por  quen fora o secretario técnico do Museo de Pontevedra 

Cuntis, 29 de xuño de 2024.- A Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres  acolleu na tardiña deste venres o acto de presentación do libro ‘Los exvotos en  Galicia: su significación en la religiosidad popular’, obra do cuntiense José  Fuentes Alende, ex secretario técnico do Museo de Pontevedra. A publicación  consta de dous volumes, nos que recolle un labor de investigación que comezou  no ano 1987 sobre este tipo de ofrendas, tan típicas e arraigadas dentro da  tradición galega. 

A cita contou cunha gran asistencia de pública. No acto participou o alcalde,  Manuel Campos, que lembrou que o traballo de Fuentes Alende gañou no ano  2017 o premio de investigación Olimpio Arca. O rexedor fixo fincapé na calidade  e a dedicación deste traballo, no que se analizan os exvotos, as ofrendas que  tradicionalmente se realizan aos santos, a modo de obsequio a modo de  gratitude ou de devoción. “Estamos a falar dun labor impecable, rigoroso e moi  profesional, dunha persoa que para nós é un auténtico referente como é José  Fuentes”, sinalou.

Ademais, o alcalde tamén asistiu este venres á audición que ofreceron os  alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal de Cuntis no Centro Patelas.  Unha cita na que a rapazada tivo a oportunidade de amosar os coñecementos  adquiridos nas clases impartidas ao longod destes meses, ben sexa a través de  bailes ou tocando algún instrumento.

Comparte este artigo