Home O Salnés A Illa de Arousa Curso de 6 sesións en materia de igualdade para mulleres pertencentes a...

Curso de 6 sesións en materia de igualdade para mulleres pertencentes a asociacións

- Anuncio -

Novo programa de 6 sesións “Mulleres en asocia(c)ción”

O Obxectivo inicial será incrementar a participación activa das mulleres na vida pública e social e visibilizar experiencias relevantes de participación e liderado.

Obxectivo específico será dotar de ferramentas e recursos ás asociacións do concello para que melloren o seu enfoque cara a incorporación de medidas de igualdade e a súa formulacion nos proxectos correspondentes.

Realizaranse 6 sesións formativas de hora e media deduración cada unha. A metodoloxía será de caracter dinámico e activo, promovendo a participación grupal en todo momento así como dar resposta ás necesidades concretas que se vaian detectando. Non se realizarán sesións seguindo unha modalidade tradicional, senón que cada unha das accións será abordada dende a gamificación e a proposta de dinámicas.

O fío conductor das sesións será a promoción da igualdade en todas as accións desenvoltas polas persoas pertencentes ás asociacións arousás.
Para isto, en cada unha delas traballaranse diferentes contidos que:

  • Permitan ás mulleres participantes empoderarse na toma de roles destinados en moitas ocasións aos homes
  • Poñan en valor a necesidade dunha paridade e reparto real nas asociacións
  • Dean a coñecer ferramentas que faciliten a promoción da igualdade dende as asociacións
  • Presenten as subvencións dispoñibles para o tecido asociativo, a súa posta en práctica e a importancia de cumprir cos requisitos de promoción de igualdade para poder optar ás mesmas.

Detección de necesidades específicas e resolución das mesmas.
Ao final da formación acreditaríase por parte da empresa corresponsable un certificado de
asistencia e cumprimento dos obxectivos previstos na posta en marcha da actividade.
Toda a información recollida a través das sesións formativas será trasladada ao concello para poder elaborar a partires do recadado medidas e accións que se axusten ás demandas do colectivo en cuestión.

Serán os luns de 19:30h a 21h no primeiro andar das casas modernistas- clube de xubilados e comezarán o luns 16 de outubro.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas