Home O Condado Mondariz Dende Alternativa por Mondariz, actual grupo de goberno, consideramos imprescindible que todos...

Dende Alternativa por Mondariz, actual grupo de goberno, consideramos imprescindible que todos os veciños e veciñas coñezan o punto de partida e actual situación económica da nosa vila

- Anuncio -

Dende Alternativa por Mondariz, actual grupo de goberno, consideramos imprescindible que
todos os veciños e veciñas coñezan o punto de partida e actual situación económica da nosa
vila, logo de catro anos baixo a xestión do BNG.
Tal e como recoñeceu o propio BNG no Pleno Municipal do pasado 21 de marzo, a situación
que herdamos “é complexa”. Con todo, isto queda lonxe de reflectir a gravidade real do asunto
e das prexudiciais consecuencias que a veciñanza deberá asumir debido a unha cuestionable
“política de riscos”.
A realidade é que o Concello de Mondariz presentaba, a día 20 de marzo de 2024, un débito
total de 1.421.645,49€. Deste total exclúense 334.426,43 € de gastos de inversión por
corresponderen a un proxecto subvencionado, o que supón unha débeda efectiva de
1.087.219,06 € relativa ós seguintes conceptos:

  1. Gastos de inversión non correspondentes a subvencións a asumir con fondos propios
    do Concello: 104.336,68 €.
  2. Gastos correntes ou de mantemento: 982.882,38 €, contía xerada maioritariamente
    en 2023 de aumento inevitable no presente ano por falta de recursos económicos.
    Nos últimos catro anos víronse incrementados os gastos xerados polo Concello sen control,
    pasando de facer recoñecementos extraxudiciais por importes de 400 mil euros a chegar ata
    os 800 mil no último ano 2023.
    E iso malia ter sido empregado o remanente de tesourería para o pagamento de gasto
    corrente por parte do BNG durante os catro anos da súa lexislatura, nun contexto de
    suspensión das regras fiscais a raíz da pandemia. Pola contra, na actualidade, cunha débeda
    de más dun millón de euros á que facer fronte, xa non se dispón desta medida extraordinaria
    e, aínda así, non podería empregarse debido ó valor negativo do saldo de tesourería xerado
    en 2023 (-493.462,33 €). Con todo, aínda que se puidese empregar o remanente de
    tesourería para facer fronte á débeda do 2023, non serviría nin para pagar o 50% da mesma.
    Este feito denota unha inexistente intención durante os últimos catro anos de conter a débeda
    pública e supón o pago simultáneo aos provedores que xa prestaron servizos ao Concello no
    2023 á vez que ós provedores que xa están prestando servizos no 2024. Resulta evidente o
    gran esforzo de contención de gasto público que debe asumir actualmente o equipo de
    goberno, consecuencia de catro anos de descontrol económico.
    Para afrontar estes datos, o Equipo de Goberno de AxM xestiona no primeiro Recoñecemento
    Extraxudicial de Créditos do 2024 unha serie de facturas seleccionadas en réxime sistémico
    atendendo ós seguintes criterios:
  3. Orde de antigüidade das facturas anteriores a 2023.
  4. Facturas procedentes de autónomos ou pequenas empresas.
  5. Facturas vinculadas a sectores estratéxicos para evitar o corte de subministración.
    Este trámite significa o pagamento dun total de 310.826,03 €, logrando así a redución da
    débeda efectiva nun 29% neste primeiro trimestre do ano.
    Esta non foi a única medida potenciada polo equipo de AxM, que traballa dende o pasado
    ano na elaboración dun orzamento que se axuste o máis posible á realidade dos ingresos e
    gastos do Concello. Á súa vez, como parte da busca doutras formas de financiamento,
    consultouselle á Deputación de Pontevedra a posibilidade de aprobar unha liña de anticipos
    coa que paliar os gastos correntes, medida que, finalmente, non foi adoptada por esta
    administración. Ademais, mantense un contacto continuo cos provedores co fin de acordar
    formas de pago asumibles, dado que son varios os servizos básicos en cese de pagamento
    dende o ano 2023, entre eles: tratamento de residuos e analíticas de auga dende abril,
    subministro eléctrico dende xuño e liña telefónica e conexión a Internet dende maio,
    supoñendo este último unha incidencia crítica por provocar o corte de servizo ó Concello a
    día 25 de setembro de 2023.
    O BNG, lonxe de asumir a súa responsabilidade, opta por atacar a AxM alegando unha
    presunta falta de xestión. Contrariamente, cómpre lembrar que é o actual equipo de goberno
    quen tramita as secuelas da xa mencionada “política de riscos”, co obxectivo de mitigar as
    repercusións e impacto que esta provocou na vila. Mostra disto, alén do xa citado, son os
    esforzos de AxM por buscar fontes de financiamiento para proxectos, mesmo para aqueles
    xa realizados pero contratados fóra do marco das subvencións. Isto supuxo asumilos como
    un custe máis para o Concello, malia que xa se sabía que non había recursos suficientes para
    pagar ós provedores. Unha deficiencia na xestión semellante é a relacionada co trámite da
    subvención para a redacción do proxecto da área recreativa do Val, axuda non concedida por
    ausen cia de contrato escrito.
    Estas circunstancias supoñen unha proxección estancada en detrimento da evolución e do
    futuro de Mondariz que pouco preocupa ó PP, centrado exclusivamente na liquidación da
    débeda a empresas vinculadas cos concelleiros do seu grupo político. Así mesmo, cuestionan
    que a selección de facturas do presente REC sexa motivada por exercer prexuízo na súa
    contra. Esta visión deturpada e desconsiderada vén provocada por un conflito de intereses
    afastado da realidade colectiva, sendo precisamente este o problema que intenta evitar a lei
    ao prever como incompatible a condición de contratista coa de concelleiro da Corporación
    municipal.
    En conclusión, Mondariz ve hipotecado o seu futuro, obrigando e restrinxindo a labor política
    municipal á redución prioritaria da débeda pública, no canto de potenciar o progreso da vila.
    Con todo, AxM loitará por superar esta situación e acadar así o benestar común dos veciños
    e veciñas.

Relacionadas

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará O Rosal o 16 de maio

0
Estará situada na rúa Ramón Franco, 4, de 10 a 14 e de 16 a 21 h O Rosal contará a vindeira semana cunha nova...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A Deputación colabora co Club de Piragüismo Illa de Arousa para impulsar un programa...

0
O programa comprende dúas xornadas de actividade durante este curso nos colexios Xulio Camba, San Miguel e Torre-Illa, con degustación de froita gratis para...

Luisa Sánchez remarca o apoio de 120.000 € da Deputación ao Coruxo FC na...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou as instalacións do Campo do Vao na última xornada de adestramentos da tempada do Coruxo...

O BNG leva ao Parlamento galego a mellora da seguridade viaria na PO-233

0
Bará demanda que o proxecto inclúa inclúa medidas de urbanización e  calmado de tráfico, recollida de pluviais e dotación de mobiliario nas  travesías de...

A Axenda Urbana e Rural do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico...

0
● O proceso participativo estivo formado por diversas mesas de traballo de técnicos municipais, grupos políticos, e axentes sociais e económicos, ademais dunha enquisa...

Publicacións Relacionadas