Marga Caldas, reiterou este martes na Comisión de Urbanismo, novamente, as queixas dos veciños da rúa de la Iglesia de Raxó, solicitando a limpeza da finca colindante a unha leira que se destina a residuos próxima ás vivendas, situada no camiño da Igrexa e a PO-308. O BNG afirma que os veciños da zona levan reivindicando este problema dende fai un ano e presentados varios escritos solicitando actuación por parte do Concello, e a día de hoxe non tiveron resposta. Dende o BNG vimos denunciando esta situación dende fai meses dado que esta a provocar unha “gran preocupación” entre a veciñanza da zona dado que están a sufrir un “problema de salubridade que vai en aumento”. A veciñanza reiterou esta situación ao Concello de Poio por escrito o día 1 de Xullo e tamén presentou denuncias ante a Policía Local, o edil de Medio Ambiente afirmaba hoxe en Comisión que o propietario estaba requerido, pero os veciños levan un ano denunciando sin actuación.
Marga Caldas asegurou que “a día de hoxe, a pesar das afirmacións do concelleiro delegado, a situación do veciños de Raxó segue sen resolverse e non recibiron contestación do Concello”. Dende o BNG solicitamos unha copia da comunicación que o Concelleiro do que remitiu aos veciños.
Ante este “claro abandono e inacción do equipo de goberno de Ángel Moldes”, desde o BNG instan o goberno local a que exerza as súas obrigas en materia de medio ambiente e non abandone á veciñanza de Raxó.

