O dia 17 de Mayo celebrarase no Concello de Ponteareas, o primeiro Minidh Urbano na devandita localidade. A proba trata dun descenso polo centro de Ponteareas para os mais pequenos, que irán desde os 3 ata os 14 anos de idade.
Desta maneira o Concello dá visibilidade a unha modalidade do ciclismo na localidade, con gran renome noutros eventos que se celebran como Marisquiño ou o Descenso Urbano de Sarria.
Dita proba chamarase MINIDHU VILA DO CORPUS, como non podería ser doutra maneira.
Terá dous percorridos segundo a categoría, para que segundo o nivel de cada pequena/o ciclista poida realizar o percorrido e sexa divertido para eles.
Dita carreira está organizada polo Club da devandita localidade Pontebike Team e polo Concello de Ponteareas, delegando parte da organización da proba na entidade Sportskids, con experiencia en organización deste tipo de eventos.

