Este mércores 1 de outubro, o Centro de Día de Baiona en colaboración co Concello de Baiona, súmase á conmemoración cunha actividade moi especial.
Realizaremos unha camiñada ás 11:30 desde Carabela Pinta ata a Praza do Concello, onde se lerá o manifesto do día co obxectivo de dar visibilidade e empoderar as voces das persoas maiores para un futuro inclusivo.
Baixo o lema “Faite oír!”, queremos celebrar a importancia, a experiencia e a forza das nosas persoas maiores.
Convidámosche a acompañarnos e a unirche a esta xornada de respecto, unión e compromiso con quen constrúe cada día a nosa memoria e o noso presente.

