HomeVigoBaionaDoazón de butacas do Real Club Celta de Vigo

Doazón de butacas do Real Club Celta de Vigo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona, en nome do alcalde Jesús Vázquez Almuiña e da Concellería de Deportes, quere expresar o seu máis sincero agradecemento ao Real Club Celta de Vigo e á Fundación Celta pola súa xenerosa doazón de 180 butacas da bancada de gol.

Esta valiosa contribución permitirá dar unha nova vida ao noso campo Aral Fontiñas, mellorando así as instalacións deportivas da nosa vila e ofrecendo aos nosos veciños e visitantes un espazo máis cómodo e acolledor para gozar dos eventos deportivos.

A colaboración entre institucións é fundamental para o desenvolvemento das nosas comunidades, e o seu apoio é un exemplo claro de compromiso co deporte e coa mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

Agradecemos profundamente o seu xesto e esperamos seguir traballando xuntos no futuro para fomentar o deporte e a actividade física en Baiona.

Publicacións Relacionadas