Domínguez considera “insólito” o sobrecusto de 46M do novo contrato de lixos do BNG

adminON
Lectura mínima de 4

• O vencedor das municipais esixirá explicacións pola nefasta xestión do servizo de limpeza e tratamento de residuos: “Como xustifica Lores que o custo do servizo pase de 7M€ a 13M€? e canto lle vai a subir o recibo aos pontevedreses?”

• O PP de Pontevedra atribúe a Lores “un novo fracaso no atraso do contrato porque a cidade segue sucia, o Concello asume con prórrogas a súa incapacidade para adxudicar a súa renovación durante 10 anos e, para máis inri, gasta 20.000€ anuais no alugueiro duns terreos na Canicouva para unha planta de compostaxe inexistente”

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, responsabilizou ao nacionalista #Miguel Anxo Fernández Lores de que os pontevedreses teñan que asumir un sobrecusto próximo aos 46.000.000 euros por ser incapaz de licitar o novo contrato de recollida e tratamento de residuos en tempo e forma, durante os seus intentos frustrados por renovar a adxudicación do servizo para os próximos 20 anos.

O xefe da oposición considera “insólito” que o goberno local haxa pasado de tentar sacar adiante o futuro contrato por un importe anual de 10.700.000€, en abril de 2022, a aumentalo ata os 13.000.000€, en decembro de 2024, sen incorporar grandes modificacións. En cifras totais, o custo situarase próximo aos 260.000.000€ no canto dos 214.000.000€ que estaban previstos hai apenas dous anos.

Domínguez quixo transmitir a súa preocupación aos cidadáns sobre o prezo que alcanzará o novo contrato, @teniendo en cuenta que o servizo rolda os 7.000.000€ na actualidade. Por tanto, “o novo proceso de licitación que se iniciou supón practicamente duplicar o que pagamos os pontevedreses a día de hoxe”, expresou.

Tamén afirmou que este xogo de cifras débese á “nefasta xestión do BNG” para a renovación do contrato vixente desde o ano 1999, cando aínda gobernaba o PP, e lembrou que o goberno local dos nacionalistas prorrogouno case unha decena de veces desde a súa finalización en 2012, o que supuxo “unha diminución do servizo en materia de limpeza e tratamento de residuos durante os últimos anos”.

Neste sentido, expresou o seu hartazgo porque “Pontevedra volveu a ofrecer unha imaxe sucia e descoidada durante o Nadal” e pediu a Lores explicacións públicas como máximo responsable do novo contrato do lixo: “Canto lle vai a subir o recibo aos pontevedreses? e como xustifica o alcalde que vaiamos pasar de ter que pagar 7M€ a 13M€ con esta renovación?”

O presidente dos populares cualificou a xestión do lixo como “un dos maiores fracasos do alcalde porque a cidade está sucia, o Concello tivo que asumir con prórrogas do servizo a súa incapacidade para sacar adiante un novo contrato en 10 anos e, para máis inri, gasta 20.000€ anuais no alugueiro duns terreos na parroquia da Canicouva por unha planta de compostaxe inexistente”.

Por todo iso, esixiu ao alcalde que “pida perdón por perder anos tratando de impulsar o novo contrato que supoñerá un sobrecusto no recibo que irá directo ao peto de todos os pontevedreses”.

Comparte este artigo