• O líder do PP de Pontevedra lamenta que os nacionalistas “volvan colaborar con xente condenada por terrorismo” que teñen como primeiro reto en política “dividir España e lograr a independencia”
• Domínguez cualifica ao Bloque de “extremista” por repetir unha coalición para as eleccións europeas co “extremismo de Bildu e o extremismo de ERC”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, fíxose eco do acordo de coalición para as eleccións europeas que o Bloque Nacionalista Galego presentará mañá en Barcelona cos seus socios de Euskal Herria Bildu e Esquerra Republicana de Cataluña: “O BNG quitouse a careta de moderación que utilizou para disfrazarse antes das eleccións galegas do 18 de febreiro”.
O portavoz municipal do PP lamentou que un partido “independentista e que colabora con xente condenada por terrorismo” quixese enganar aos galegos, durante os últimos meses, con “un sorriso de moderación que, agora, unha vez máis, comprobamos que era absolutamente falsa co obxectivo de gañar votos, a base de mentiras”.
Domínguez cualificou aos nacionalistas de “extremistas” por repetir unha candidatura co “extremismo de Bildu e o extremismo de ERC”, que teñen como primeiro reto político “dividir España e lograr a independencia á conta dun Goberno de Pedro Sánchez, cada vez máis fráxil, que é chantaxeado todas as semanas polos seus socios separatistas”.

