Home Pontevedra Deza Elena Gamallo Moure, PSX do Centro de Saúde de Rodeiro, concorrerá de...

Elena Gamallo Moure, PSX do Centro de Saúde de Rodeiro, concorrerá de número 3 na candidatura do PP liderada por Cati Somoza

- Anuncio -

• A profesional sanitaria, que leva case 15 anos traballando no punto médico do municipio, califica de “orgullo” o ofrecemento para ocupar “un posto de tanta responsabilidade” na lista e cre que pode “aportar no eido sociosanitario, como fixen ata agora, pero desdobrando o meu compromiso inequívoco cos veciños de Rodeiro”.


• A candidata á Alcaldía pensa que Elena “é unha peza fundamental para o noso proxecto, porque é coñecida, recoñecida e querida por todos os veciños, está sobradamente preparada e encaixa á perfección na filosofía de cercanía e trato directo máximo que sempre tivemos no PP”.

Elena Gamallo Moure, que traballa como Persoal de Servizos Xerais (PSX) do centro de saúde de Rodeiro, vai concorrer de número 3 na candidatura do PP ás eleccións municipais do 28 de maio liderada por Cati Somoza.

A profesional sanitaria, que leva case 15 anos consecutivos traballando no punto médico do municipio tras aprobar a oposición do Sergas e incorporarse a esta praza en outubro de 2008, calificou de “orgullo” o ofrecemento feito pola candidata popular para ocupar “un posto de tanta responsabilidade” na lista e admitiu que “cando alguén como Cati, á que todo o mundo quere en Rodeiro, fai unha aposta tan forte por alguén porque cre que podes mellorar a vida da xente, pois te sumas ao proxecto con toda a ilusión do mundo”.

“Con toda a humildade, creo que podo aportar cousas, especialmente no eido sociosanitario, tal e como fixen ata agora, pero desdobrando o meu compromiso inequívoco cos veciños de Rodeiro aos que atenderei con moito gusto, se nos outorgan a súa confianza, dende o meu posto de traballo e tamén dende o goberno local”, manifestou Elena Gamallo.
A xa número 3 da candidatura do PP de Rodeiro é Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, pertencente á promoción 1998-2003, e traballou como psicóloga no Concello de Rodeiro entre os anos 2004 e 2005 antes de adicarse ás oposicións do Sergas e chegar ao centro de saúde en 2008. Ademais, é unha persoa moi dinámica e con gran implicación na vida social, veciñal e cultural de Rodeiro, xa que forma parte de diversos colectivos.

“Hai xente que vai mudando de praza e busca outros destinos, pero para min Rodeiro é a medida de todas as cousas e encántame estar cos meus veciños e atendelos do mellor xeito posible porque, ademais, cando van ao centro de saúde precisan do máximo cariño e atención. E que a alguén coma min, que quero tanto a esta terra, a consideren para ir nunha candidatura tan importante como a do PP, pois me xera moita ilusión e tamén responsabilidade”, explicou Elena Gamallo.

Pola súa banda, a candidata Cati Somoza explicou que a nova incorporación á súa lista “é unha peza fundamental para o noso proxecto, porque é coñecida, recoñecida e querida por todos os veciños de Rodeiro, cos que ten un trato exquisito, está sobradamente preparada, no mellor momento da súa vida, demostrou a súa implicación e compromiso co Partido Popular e encaixa á perfección na filosofía de cercanía e trato directo máximo coa xente que sempre tivemos no PP de Rodeiro”.

Deste xeito, os populares de Camba veñen de desvelar, xa nesta semana, os seus tres primeiros postos da lista para as municipais de maio despois de que, o luns á noite, Cati Somoza aceptara ser a candidata tras a proposta unánime do Comité Executivo Local e da militancia e de que, na xornada de onte, o empresario de hostalería e encargado de mantemento do Parque de Bombeiros de Silleda, Suso López Diéguez, fora anunciado no número 2. Agora, con Elena Gamallou Moure complétanse os tres primeros postos da lista.

Relacionadas

O Museo de Pontevedra inaugura con ‘A pel do Museo’ un ciclo de diálogos...

0
Rafa Domínguez: “Iniciativas como “A pel do Museo”, enmarcada no programa que acaba de nacer “Infiltracións”, vainos permitir elevar o Museo a un nivel...

Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de euros para...

0
O presidente provincial celebra o “municipalismo” que comparten ambas as institucións para cooperar en proxectos transformadores como as humanizacións de núcleos, a mellora da...

Digna Rivas: “Ampliamos o prazo de exposición pública do PXOM ata o máximo que...

0
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeita as críticas do PP nas que o grupo da oposición demanda a ampliación do prazo de alegacións...

Luis López amosa o interese da Deputación polo sector conserveiro e o medio mariño...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, que tivo lugar esta mañá...

O programa Covelo Cóidate e o SERGAS colaboran para a prevención e a detección...

0
O Concello de Covelo convida a participar na charla sobre prevención e detección precoz do virus do papiloma e autoexploración e cribado de mamá...

Éxito dos obradoiros “Cultiva a Mente” do Concello de Covelo en colaboración con AFAGA

0
A Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia e o Concello de Covelo colaboran para ofrecer clases gratuítas que...

Publicacións Relacionadas