A empresa adxudicataria do contrato de mellora do Parque Intantil e Área Deportiva do Parque Público A Canuda ven de iniciar as obras contempladas no proxecto financiado a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra por un importe de máis de 150.000 euros.
O obxecto desta obra é a mellora da conservación e a modernización do parque infantil e instalacións deportivas de A Canuda, que debido ó uso e a súa vida útil encontrase nun estado deficiente. O obxectivo principal consistirá en retirar e reparar os elementos existentes, substituír os equipamentos obsoletos ou deteriorados e finalmente realizar traballos de pintura dos elementos para deixar un acabado moderno e con todas as garantías para a plena realización das actividades de lecer e deportivas.
Ademais das obras de reparación incorporaranse novos elementos, no parque infantil instalaranse 7 elementos de xogo novos, un columpio con 2 asentos para bebé, un columpio con 2 asentos planos, un xogo carrusel para 6 usuarios, un balancín de aluminio con 4 asentos, dous xogos resorte, un xogo casiña do bosque e a instalación dunha rede completa de protección. Na área deportiva instalaranse 3 elementos novos, dúas pedaleiras e un “trapecio”.
Ó fin último desta obra é mellorar e modernizar as instalacións existentes para proporcionar un espazo apto para o uso e disfrute de todas e todos.