O concello de Nigrán felicita ao seu xefe de policía por dúas décadas como profesor de defensa persoal policial

adminON
Lectura mínima de 1

Teodoro de la Peña Costas recibíu recentemente a medalla ao mérito deportivo por parte da Federación Madrileña de Lucha

 O alcalde de Nigrán, Juan González, trasladou en nome do Concello de Nigrán as felicitacións a Teodoro de la Peña Costas, xefe da Policía Local de Nigrán desde o pasado mes de marzo, por ter acadado a medalla ao mérito deportivo concedida pola Federación Madrileña de Lucha por levar máis de 20 anos como profesor de defensa persoal policial. O recoñecemento oficial foi o pasado 22 de marzo nunha gala en Madrid.

Comparte este artigo