É a tradutora do libro “Feminismo de barrio”, da estadounidense Mikki Kendall. Será mañá ás 18 h no edificio Francisco Sánchez
A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa mañá mércores ás 18 h no edificio Francisco Sánchez. Será cun encontro con Ivonete da Silva, autora da tradución do libro da estadounidense Mikki Kendal “Feminismo de barrio”.
Mikki Kendall é ensaísta, activista e crítica estadounidense recoñecida pola súa loita contra o racismo.
Unha obra que foi traducida ao galego pola brasileira Ivonete da Silva, escritora, profesora e tradutora comprometida coa discriminación racial e o feminismo atendendo ás clases sociais.
O encontro terá lugar no edificio Francisco Sánchez, con acceso pola fachada principal, na sala a man dereita. A entrada é libre e gratuíta.