Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Enerxétika 2024 foi escenario hoxe de dous foros con gran carácter estratéxico,...

Enerxétika 2024 foi escenario hoxe de dous foros con gran carácter estratéxico, o de Biomasa e o Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía

- Anuncio -

 • O ENCONTRO CENTRADO NA BIOMASA CONTOU COA PRESENZA DO DIRECTOR XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS DA XUNTA DE GALICIA, PABLO FERNÁNDEZ, E O DIRECTOR DA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL, JACOBO ABOAL

 • CORENTA EXPERTOS DE DIVERSOS ÁMBITOS E PAÍSES ACHEGARON O SEU PUNTO DE VISTA NESTAS XORNADAS DA FEIRA, A CAL SE CELEBRA ATA O SÁBADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

O certame Enerxétika 2024, o cal se celebra desde hoxe ata o sábado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA e de forma paralela ao salón ExpoMunicipal, acolleu esta mañá dous foros de gran relevancia para o sector nos que participaron un total de corenta expertos de diversos ámbitos e países, entre eles España, Portugal e Chile.

Así, celebrouse o V Foro da Biomasa, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia co obxectivo de explorar o papel do sector da biomasa como catalizador cara á neutralidade climática.

Na inauguración desta cita participou o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, quen agradeceu o compromiso do Clúster da Biomasa coa feira e resaltou tanto que Galicia é unha potencia en enerxías renovables como a especial relevancia da biomasa como fonte de enerxía térmica, á vez que considerou que o papel da administración é poñer as ferramentas necesarias para a transición enerxética, con liderado e de forma exemplarizante. Acompañouno o director da Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta, Jacobo Aboal, quen quixo subliñar a oportunidade da biomasa en solucións neutras, ademais de destacar o traballo do Clúster. Tamén estiveron presentes o presidente do Clúster da Biomasa, Francisco Álvarez, que aproveitou para agradecer o apoio institucional e tamén o da feira, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, quen destacou o traballo “cóbado con cóbado” para a feira co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e agradeceu o apoio das dúas direccións xerais presentes.

A primeira sesión abordou a biomasa nas AAPP de Galicia, expoñendo a biomasa para usos enerxéticos na Axenda Enerxética de Galicia 2030, o proxecto Aldealix e o impulso nas Comunidades Enerxéticas baseadas na biomasa, as redes de calor con biomasa na Consellería de Educación e a viabilidade de redes de calor urbanas con biomasa en Galicia.

O segundo bloque centrouse no recurso forestal en Galicia e dixitalización. Con esta premisa analizáronse a evolución de superficies forestais en Galicia, o aproveitamento de masas actuais e a súa potencialidade, as necesidades de dixitalización e permisos de curta e fortra, leñas de calidade controlada nun mercado de 1 millón de toneladas e tamén a evolución do mercado das astillas enerxéticas e os requisitos de sustentabilidade. A terceira das sesións versou sobre os retos da biomasa no futuro mix enerxético.

Entre a segunda e a terceira sesión, o foro celebrou dúas interesantes mesas redondas. A primeira delas profundou no pellet de madeira, a súa evolución e novos escenarios regulatorios, mentres que a segunda fixo o propio coa descarbonización da industrial.

III Foro Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía

Así mesmo, a feira acolleu esta mañá o III Foro Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía, organizado polo Instituto Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía– 3IE ENERGÍA, o cal analizou distintos aspectos relacionados co sector enerxético tanto en diversos países de Latinoamérica como na Península Ibérica.

Así, expúxose a política enerxética en Portugal e tamén o mercado eléctrico chileno respecto a os retos de protección ao consumidor e a garantía de investimento. Así mesmo, falouse sobre hidróxeno verde, auditorías enerxéticas e a oportunidade para os Certificados de Aforro Enerxético, xestión enerxética industrial e casos de éxito na xestión de equipos auxiliares e sobre rehabilitación enerxética integral de edificios.

Sumáronse nos temas abordados a telexestión de alumeado e os centros de mando como nodos de comunicación, os refrixerantes ecolóxicos e a bomba de calor de CO2 Daitsu HT Prol para ACS, metodoloxía de avaliación socioeconómica de proxectos de transición enerxética en edificios públicos, mobilidade eléctrica respecto a infraestrutura eléctrica de recarga con subministracións en baixa e alta tensión en emprazamentos existentes dixitalización do mantemento eólico e ademais do sistema de detección e monitorización da avifauna na contorna de parques eólicos MakeMake.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas