Escolares de Baiona gozan da “Semana Azul” organizada polo Concello

adminON
Lectura mínima de 3

Escolares de Baiona comezaron esta mañá as xornadas da Semana Azul que organiza o Concello de Baiona no marco da súa campaña escolar de fomento dos deportes náuticos.

A Concellería de Deportes e a de Actividades Marítimas do Concello de Baiona foron as encargadas de preparar a campaña de fomento dos deportes náuticos “Semana Azul 2024”. As pequenas e os pequenos iniciaron hoxe a primeira das tres xornadas, mércores 26, xoves 28 e venres 29 de xuño na Praia Ribeira.

Realizaranse 3 xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11.00 h ata as 18.00 h realizando deportes náuticos, facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repoñer forzas (14.00 a 15.00 h).
O programa é o seguinte:
• O día 26 de xuño para escolares de 8 a 10 anos.
• O día 27 de xuño para escolares de 11 a 12 anos.
• O día 28 de xuño para escolares de + 13 anos.

A Campaña conta coa colaboración de entidades como O Monte Real Club de iates de Bayona, BayBay Surf, Baiventura Galicia, ADN RÍAS BAIXAS e Prado Surf e Coca-Cola que grazas ás súas colaboracións é posible realizar un proxecto de tanta envergadura e importancia como o que se deu inicio esta mañá.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Deportes, Ana Iglesias Rodríguez, e o Concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, achegáronse esta mañá ata a praia Ribeira a visitar ás persoas participantes e a coñecer de primeira man as súas impresións acerca da actividade.

Entre as actividades que están a gozar os escolares na “Semana Azul” atópase: a vela lixeira, surf, pádel surf, piragüismo, kite surf e windsurf. Unha oportunidade única para gozar do turismo deportivo, do mar e de Baiona.

Este luns pola tarde comezou a “Semana Verde“ que consiste en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa que se desenvolve nas instalacións do Cámping Baiona praia que colabora coa administración local cedendo as súas instalacións para desenvolver as distintas actividades.

Comparte este artigo