Éxito de participación na 7K e na Carreira Infantil da Ostra que se celebrou neste domingo no concello de Soutomaior

Redacción
Lectura mínima de 6
  • Amaedo Abal, Hugo García, Mario Rodríguez e a Sabela Castelo, Noemí Álvarez e Olalla Saborido fonron os e as gañadoras da categoría absoluta  desta primeira edición e, Pablo Ulla, Daniel Álvarez, Eduardo Conde e a Lucía Cayetano, María Ulla e Charo Fervenza os e as gañadoras na categoría de corredores locais.
  • Unha cita que contou coa súa parte máis solidaria coa presenza da Asociación Bicos de Papel e da Asociación Libélulas BCS Pontevedra, que percorreron os últimos metros da proba para dar visibilidade a súa asociación.

Hoxe en Soutomaior respirouse un gran ambiente deportivo coa celebración da primeira edición da 7K e coa carreira infantil da Ostra que se celebraron neste domingo 29 de marzo.

A 7K contou con 300 participantes.  Unha cita que contou coas categorías femininas e masculinas de: Master A (39-49 anos) Master B (50-60 anos) Master C ( >61 años), Sénior, Sub 20, Sub18, Sub 16. Haberá premios, masculinos e femininos, aos tres primeiros na categoría xeral absoluta (entregouselle un trofeo e de premio económico 300 ao 1º posto, 200 ao 2º posto e 100 euros ao 3º posto), premios tamén ás e aos tres primeiros clasificados por categoría, segundo o indicado no presente regulamento, e tamén premio aos tres primeiros corredores locais empadroados no concello de Soutomaior (recibiron o  premio económico 100 ao 1º posto, 75 ao 2º posto e 50 euros ao 3º posto).

A toda e todos os participantes agasallouse cunha camiseta técnica conmemorativa e unha mochila. A entrega de premios tivo lugar unha vez rematada a Carreira Infantil da Ostra, en torno ás 13:15h e contou coa presenza do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, da conselleira do Mar, Marta Villaverde e do concelleiro de Obras e de Infraestructuras, Pablo Garrido.

Amaedo Abal, Hugo García, Mario Rodríguez e a Sabela Castelo, Noemí Álvarez e Olalla Saborido foron os e as gañadoras da categoría absoluta  desta primeira edición e, Pablo Ulla, Daniel Álvarez, Eduardo Conde e a Lucía Cayetano, María Ulla e Charo Fervenza os e as gañadoras na categoría de corredores locais. O primeiro posto na absoluta, Amadeo Abel, fixo a carreira en 19:06 minutos seguido de Hugo García con 19:30 minutos, Mario Suárez con 19:41 minutos. Na categoría feminina primeira posición Sabela Castro fixo un tempo de 23:25 minutos, Noemí Álvarez en 24:35 minutos e Olalla Saborido en 26:05 minutos.

Unha carreira, a 7K, organizada polo concello de Soutomaior e  que contou coa colaboración e participación da Deputación de Pontevedra, da Consellería do Mar, e a colaboración tamén de Abanca e CaixaBank, e que está cofinanciada polos fondos da Unión Europea.

Carreira infantil da Ostra

A carreira infantil da Ostra colleu o relevo da 7K con máis de 500 crianzas inscritas. Trátase dunha carreira que ten como obxectivo a participación, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado. Todo os participantes recibiron o mesmo agasallo como recoñecemento o seu esforzo. Unha mochila cunha botella, unha medalla e unha merenda saudable.

Unha carreira, que ao igual que a 7K, está organizada polo concello de Soutomaior e  que contou coa colaboración e participación da Deputación de Pontevedra, da Consellería do Mar, e a colaboración tamén de Abanca e CaixaBank, e que está cofinanciada polos fondos da Unión Europea.

Ademais, é a terceira edición na que se realiza unha carreira inclusiva, que responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada quen. Tamén é o terceiro ano que se fai unha carreira adaptada porque se adecúa a proba ás necesidades de cada persoa. Deste xeito, a persoa participante con diversidade funcional con necesidades especiais, realizará un percorrido exclusivo de aproximadamente 150 metros. Unhas medidas incluídas dentro do programa “Soutomaior Inclusivo”.

Os primeiros en arrancar esta carreira da Ostra foi a Carreira Inclusiva cun percorrido de 150 metros, a continuación foron as máis pequenas e pequenos da casa os Biberón B que correron  acompañadas e a acompañados unha distancia de 50 metros, seguidos dos Biberóns A pequenas e pequenos que correron xa sós una distancia de 150 metros, Premenxamíns 300 metros, Benxamíns 400 metros, Alevíns 500 metros e a categoría de Infantís, os últimos en saír, percorreron 600 metros.

Nesta edición tamén falamos dunha carreira solidaria, xa que se proporciona visibilidade e posibilidade de colaborar coa Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia) e a Asociación Libélulas BCS Pontevedra, que percorreron os últimos metros da proba 7K para dar visibilidade a súa asociación

Comparte este artigo