Hoxe remata a celebración da I SEMANA GRANDE de SOUTOMAIOR coa Romaría de San Caetán na Ermida situada no Castelo de Soutomaior. Dende o concello destacan a alta participación nesta festas “necesarias” para Soutomaior. Unhas festas que tal e como confirma o alcalde “chegaron para quedarse”.
6 días de festa na celebración da I Semana Grande de Soutomaior que deron o seu pistoletazo de saída o 2 de agosto co “chupinazo” e que rematan hoxe coa Romaría de San Caetán, na ermida que leva este mesmo nome situada no Castelo de Soutomaior.
No día grande destas festas, o 6 de agosto Día do Patrón, foron moitos os que se animaron a formar parte da sesión vermú, amenizada polo grupo local Balbuena&Seoane , tamén a participar da procesión do Divino Salvador que organiza a parroquia e da que din que foi unha das máis multitudinarias dos últimos anos, unha cita que contou co acompañamento da Banda Artística de Arcade. Xa pola noite a orquestra CINEMA tamén fixo que centos de persoas se achegasen ao Torreiro da Feira do dez na Candán para gozar da música actual e dos clásicos que non faltaron nesa noite de verbena,
Foron 6 días onde se lle rendeu tributo á música, a gastronomía local, ao comercio pero, sobre todo, onde o principal obxectivo, tal e como hoxe dixo o alcalde , Manu Lourenzo, está cumprido que é o de “facer pobo, facer veciñanza e conseguir que as veciñas e veciños de Soutomaior se sintan, se cabe, máis orgullosos dos seu concello”.
Co resultado destas festas Manu Lourenzo xa anuncia “teño claro que estas festas chegaron para quedarse para sempre, dende o Goberno Loca xa estamos traballando na programación do ano que ben tomando nota dos erros e tamén dos acertos desta edición e escoitando a mensaxe que nos traslada a veciñanza, que na súa maior parte son mostras de agradecemento por recuperar unhas festas de unión e de celebración dun pobo”. Ao que Lourenzo engade que “creo que con esta primeira celebración estamos cumprindo un dos obxectivos que é que a primeira semana de agosto se recoñeza no calendario como a semana das Festas de Soutomaior”.
Para rematar Manu Lourenzo lembrou que con este éxtio de participación e implicación da veciñanza, “estamos ante un momento importante para Soutomaior, o que fixemos do 2 ao 7 de agosto marcará dende este ano a celebración da semana grande para xeracións, os nosos fillos e netos xa senten que o que xa fixemos é unha grande festa que vai a permanecer no tempo”.

