- Un desfile de comparsas, que se celebrou na pasada tarde- noite, e no que participaron 11 comparsas chegadas de diferentes puntos da provincia, unha municipal e 3 convidadas, que son as do concello e Andaina. Un desfile que estivo encabezado por “Juan de Arcade” o pregoeiro deste Entruido en Soutomaior.
- O desfile contou cun tramo silencioso dende o comezo, no cruce do Viso, ata o cruce de Cima de Vila.
- O terceiro premio foi para a Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas, o segundo premio para Asociación Os Festeiros de Bembrive e o primeiro premio para Os da Casa de Vigo.
Cor, alegría, divertimento e moita festa foron os protagonistas do desfile de comparsas que puxo o broche de ouro ao Entruido de Soutomaior e que se celebrou na pasada tarde-noite polas rúas de Arcade. Un desfile que contou con éxito de asistencia por parte da veciñanza.
Ás 17:30h. en punto saíu este desfile dende a rúa Calvario. O primeiro tramo do desfile foi o “tramo silencioso” para que todas as persoas puidesen desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso foi dende o inicio, no cruce do Viso, ata o cruce de Cima de Vila.
Neste desfile participaron 11 compara, das cales houbo 3 convidadas que son as do concello: a Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior e a Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e, tamén estivo convidada Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela. Logo tamén formaron parte deste desfile Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán –Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Trompos Ós Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas e a Asociación Agrupación Cultural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén. Sumando un total de 11 comparsas. A temática do desfile foi moi variada: fantasía, circo, costura, xogos, aventura, viaxes, personaxes históricos e da realeza, natureza…
Un desfile que estivo encabezado polo pregoeiro deste ano “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello que elixiu, para esta ocasión tan especial, un disfrace que fixo referencia á estética de Cristina Pedroche nas badaladas de fin de ano. Juan foi o encargo de encabezar este desfile e tamén de entreter, saudar e cantar e bailar durante todo o percorrido.
Unha vez que todas as comparsas chegaron a Roxelio Landeiro o alcalde agradeceu o éxito de participación dunha nova edición do desfile de comparsas e, a continuación, tivo lugar a entrega dun agasallo por parte da concelleira de Promoción Económica, Comercio e Hostalería, Rosana Comesaña, a cada unha das comparsas participantes que foi unha peza única e exclusiva do galo que representa o Entruido en Soutomaior.
Despois, foi a quenda da lectura do pregón e actuación de Juan de Arcade e despois chegou un dos momentos máis agardados, Rosana Comesaña e a concelleira de asociacións Charo Bouzón, fixeron entrega dos premios desta edición do desfile. Os premiados neste 2026 foron: 1º premio para a Os da Casa de Vigo dotado en 1000 euros, 2º premio para a comparsa Festeiros de Bembrive e o 3º premio de comparsas para a Asociación Cultural A Pandilla de Ponte Caldelas. No tocante a disfraces o 1º premio de disfraz por parella foi para Fantasía de Mar e o 1º premio de disfraz por grupo de Navidad na Carrasca.
Trala entrega de premios a festa continuou en Roxelio Landeiro coa actuación do Trío Armonía.



