O Club Patinaxe Covelo celebra mañá sábado o seu Trofeo Cruceiro de Covelo
O Club Patinaxe Covelo celebra mañá sábado o seu Trofeo Cruceiro de Covelo de patinaxe no que participarán máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín e alevín. Deportistas autonómicos e nacionais chegados de clubs de toda Galicia medirán as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4, 5 e 6 .

