Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos volven omar as rúas do Porriño...

Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos volven omar as rúas do Porriño esta fin de semana na Porrigalia

- Anuncio -
  • ●       Claudio Giráldez, entrenador do Celta, encargado do pregón desta VIII Porrigalia, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo
  • ●       Xogos, charangas, concertos, DJs, desfiles, chama olímpica, queimada e secuestro do alcalde, uns festexos que encherán a vila de emocións e diversión

Esta mañá presentouse a VIII edición de Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño no que participan castrexos, galos, exipcios, romanos e gregos. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, a maratoniana Ana Pérez, e representantes do tecido comercial do Porriño, deu a coñecer a programación de Porrigalia para os días 12, 13 e 14 de xullo.

Astérix e Obélix, acompañado polo seu fiel amigo canino Ideafix, estiveron entrenando os saltos de lonxitude na praza do Arquitecto Antonio Palacios, xunto a algúns nenos e nenas do Porriño. Alejandro Lorenzo e Ana Pérez aproveitaron para animar a toda a cativada e os adultos a “participar nestas festas tan divertidas, con programación para todos os públicos e pensadas para disfrutar coa familia e as amizades”, declara Ana. “Unhas festas que contan co apoio de moitas asociacións, ANPAS, hosteleiros e comerciantes…, de todos os veciños e veciñas do Porriño, que a fan posible”, engade o rexidor.

O venres 12 tomarán as rúas da vila 9 comparsas representando as civilizacións dos galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que disputarán os xogos da Porrigalia. Máis de 150 participantes que acompañarán á corredora Ana Pérez e Claudio Giráldez, entrenador do Celta de Vigo, porteadores da chama olímpica desta edición. Giráldez, ademais, será o encargado de dar o pregón.

Concertos de A Roda, Lucía Pérez ou A Gramola Gominola, súmanse á programación musical

A música é parte fundamental da Porrigalia, e ademais das charangas nas rúas que quentan o ambente durante os tres días de festa, este ano a veciñanza do Porriño poderá disfrutar da música en vivo de varios grupos musicais. Lucía Pérez, actuará o venres 12 de xullo ao rematar o pregón e o acendido da chama olímpica. La Patrulla dará un concerto o sábado 13, despois do “secuestro” do alcalde. Ese mesmo día, ás 21:30 A Gramola Gominola tocará tamén na mesma praza. E o domingo actuarán os Gin Toni’s ás 13:00, Picadiscos MariFaltri ás 19:00 e A Roda ás 20:00 h.

Durante toda fin de semana haberá actuacións de DJ’s nas distintas prazas da vila. Figuras como DJ Donper, DJ Brokkt, DJ Keva, DJ Rulo, DJ Mus ou DJ Juan de Marco, amenizaran as veladas do venres e o sábado.

As probas olímpicas para grandes e pequenos, os xogos populares, espectáculos infantís, teatro, a tradicional queimada do Rei Panoramix, e o espectáculo “Lume” de Troula, completarán a programación deste ano. Esperamos que o alcalde volva recuperar o mando antes de que acaben as festas.

Toda a programación de Porrigalia está dispoñible na web do Concello do Porriño porrigalia.org.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana nove novos obradoiros de +Xuntas en oito concellos da...

0
+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2024 a entidades de 53 concellos A...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Publicacións Relacionadas