Home Vigo Mos Gran domingo navideño en Mos con rondallas e papanoelada moteira

Gran domingo navideño en Mos con rondallas e papanoelada moteira

- Anuncio -

–          8 agrupacións: 4 mosenses, 3 do Porriño e 1 de Tui, participarán no certame rondalleiro do 22 de decembro pola tarde no Pazo de Mos

–          A papanoelada moteira, que sairá e rematará en Puxeiros, contará cunha actividade para familias a cargo de Barafunda Animación: Globotolo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, convidaron hoxe a participar do gran domingo navideño que a localidade mosense celebrará este vindeiro 22 de decembro, con papanoelada moteira en sesión matinal, e o tradicional Certame de Rondallas en horario vespertino.

Ás 10.30h da mañá dará saída a papanoelada moteira (con avituallamento gratis para os participantes e caramelos para a cativada) da Avenida de Puxeiros, e rematará no mesmo lugar cunha actividade para familias a cargo de Barafunda Animación: Globotolo, ás 12.30h; e ás 17h da tarde terá lugar o Certame de Rondallas no Pazo de Mos.

No tradicional certame rondalleiro mosense participarán un total de 8 agrupacións: 4 de Mos, 3 de Porriño e 1 de Tui. As de Mos son a Rondalla de Guizán, Rondalla de Herville, Rondalla de Torroso e Rondalla de Santa Eulalia de Mos. As de Porriño son a Rondalla de Santa María de O Porriño, Rondalla de Pontellas e Rondalla de Atios. E a tudense é a Rondalla Pexegueiro de Tui.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou neste senso “a importancia da tradición rondalleira no sur da provincia de Pontevedra en xeral e no municipio de Mos en particular, de ahí que sexa vital coidala, preservala, protexela e fomentala”, declarou. E salientou “o papel dos rondalleiros e rondalleiras, que traballan todo o ano para dar o mellor de sí nestas datas e incluso deixan a súa vida persoal e aos seus seres queridos nun segundo plano para alegrarnos a todos as festas”. Agradeceu “o seu labor, o seu bo facer, e que enchan de ledicia, espectáculo e boa música cada Nadal en Mos”. 

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas