HomeVigoBaionaIII Edición do Concurso de Adornos de Nadal con material reciclado

III Edición do Concurso de Adornos de Nadal con material reciclado

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar na III edición do Certame de Decoración de Adornos de Nadal con material reciclado.

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos, Medio Ambiente e Comercio, informa de que este xoves 30 de outubro ábrese o prazo de inscrición para participar na terceira edición do Concurso de Decoración de Adornos de Nadal de tamaño Medio-Xigante elaborados con materiais reciclados.

Esta iniciativa, xa consolidada dentro da programación do Nadal de Baiona, ten como obxectivo promover a creatividade, a participación cidadá e o respecto polo medio ambiente, impulsando valores como reciclar, reducir e reutilizar; en resumo, un Nadal máis sostible. A proposta convida os veciños e veciñas, ao comercio local e ás entidades sociais a transformar materiais refugados en auténticas obras decorativas, creando un ambiente festivo e sostible nas rúas e prazas da vila durante as festas do Nadal.

“Este certame é moito máis que un concurso, é unha oportunidade para traballar entre amigos, veciños e familiares, compartir ilusión e contribuír á beleza e ao espírito do noso Nadal”, sinala o alcalde de Baiona, #Jesús Vázquez Almuíña, “Queremos que Baiona volva ser un exemplo de participación, creatividade e conciencia ambiental”, finaliza.

Dúas categorías e premios para fomentar a participación:

Categoría A: Asociacións culturais, sociais, deportivas, veciñais, comunidades de montes ou augas, AMPAS, centros educativos regrados e non regrados, escolas de danza, música e idiomas. Premios: 1º – 800 € 2º – 400 € 3º – 200 € 4º – 100 € 5º – 100 €

Categoría B: Comercio e hostalería local, grupos informais e cidadáns particulares. Premios: 1º – 800 € 2º – 400 € 3º – 200 € 4º – 100 € 5º – 100 €

O prazo de inscrición permanecerá aberto durante 20 días naturais a partir do 30 de outubro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude na Oficina de Rexistro do Concello de Baiona ou a través da Sede electrónica municipal.

As decoracións deberán instalarse entre o 24 de novembro e o 3 de decembro, e permanecerán expostas ata o 6 de xaneiro de 2026. O Concello asignará os espazos dispoñibles e facilitará un punto de luz para cada instalación que o necesite. “Entre todos podemos facer de Baiona un lugar aínda máis fermoso, sostible e solidario este Nadal”.

Publicacións Relacionadas