Hoxe, 10 de decembro, ás 10:00 da mañá, tivo lugar na Casa da Xuventude de As Neves a inauguración oficial da Aula Mentor, unha iniciativa pioneira que ofrece máis de 200 cursos certificados en diversas áreas. Este proxecto representa unha oportunidade única para todas as persoas interesadas en mellorar as súas competencias persoais e profesionais, co obxectivo de abrir novas portas cara ao seu futuro laboral.
O acto contou coa presenza do alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, acompañado por membros do goberno local, quen destacou a importancia deste tipo de iniciativas para o desenvolvemento educativo e profesional da veciñanza. Segundo as palabras do alcalde: “A Aula Mentor é unha aposta clara por un Concello máis formado, igualitario e con oportunidades para todas e todos. Seguiremos traballando para ofrecer proxectos que enriquezan a nosa comunidade.”
A Aula Mentor, posta en marcha polo Concello de As Neves, reflicte o compromiso da administración local coa formación continua, o acceso igualitario ao coñecemento e o impulso de recursos que melloren a empregabilidade e a calidade de vida da cidadanía.
Agradecemento á comunidadeO Concello de As Neves quere trasladar o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta inauguración, así como ás que asistiron hoxe a esta presentación oficial. “Gracias ao apoio da veciñanza, proxectos coma este fanse realidade, e xuntos construímos un futuro mellor para As Neves,” engadiu o alcalde.
A partir de agora, as persoas interesadas poderán inscribirse nos cursos dispoñibles, que cobren unha ampla gama de temáticas adaptadas a todos os perfís e niveis.
Para máis información:As persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de As Neves ou á Casa da Xuventude para coñecer todos os detalles sobre os cursos e as inscricións.