Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Inauguración da XXXII Feira do Viño do Rosal: un encontro de viño,...

Inauguración da XXXII Feira do Viño do Rosal: un encontro de viño, cultura, veciñanza e lecer

- Anuncio -

_ Inaugúrase a Feira do Viño do Rosal con máis horas de actividade da súa historia.

A Praza do Calvario foi hoxe testemuña da inauguración da XXXII Feira do Viño do Rosal, un evento que destacou pola súa calidade enolóxica e o seu profundo arraigamento social e cultural.

A cerimonia oficial de inauguración iniciou con alta presenza de público . A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, deu a benvida oficial destacando a importancia da feira tanto para os residentes locais como para os visitantes. Fernández Callís realizou o discurso inaugural, resaltando a unión da comunidade en torno ao viño e a cultura. Tamén avanzaba a grande variedade de actividades que haberá ao longo do evento, no que pequenos e maiores poden desfrutar tanto dos produtos locais coma das tradicións e paisaxes rosaleiras. “Estamos diante da Feira do Viño con máis horas da historia para a actividade enoloxóxica e de lecer. Gozaremos de actividades innovadoras e moi diversas para desfrutar en familia … traballamos arreo e estamos diante da edición da Feira do Viño con máis horas de celebración e diversidade de actividades da historia. Gozade inmensamente e sentídevos orgullosos e orgullosas de brindar e compartir co mellor viño do mundo mundial, o viño do Rosal”, indicaba.

Carlos Gómez, Presidente da Confradía dos Cabaqueiros do Viño do Rosal, tomou a palabra para subliñar o compromiso e a dedicación deste colectivo na promoción e exaltación dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas da subzona do Rosal. Produtos que teñen grande acollida tanto a nivel local, como nacional e internacional pola alta calidade e singularidade destes caldos.

Nava Castro, Deputada de Turismo da Provincia de Pontevedra, destacou a relevancia turística e cultural do evento, despois da intervención de Antonio Crespo, Xefe Territorial de Medio Rural da Provincia de Pontevedra, quen tamén remarcou a importancia do sector vitivinícola para a economía local e galega. O acto contou coa presenza de alcaldes e concelleiros de tódolos concellos da Comarca, así como aqueles pertencentes ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR EuRural) e mesmo a propia xerencia, presidencia e equipo técnico. Tamén asistiron ao acto membros do xulgado de paz, acuBam – Asociación Cultivos Baixo Miño, dirección de AGACAL e xefaturas de policía, entre outros.

O momento culminante chegou co pregón a cargo de Fernando Gurucharri. Na súa intervención destacou a súa paixón e coñecemento do mundo do viño rosaleiro, poñendo en valor a calidade e distinción destes caldos. Tamén facía alusión á grande riqueza natural do territorio e ás impresionantes paisaxes e espazos naturais cos que conta a localidade.

Tralo acto inaugural, celebrouse o nomeamento dos cabaqueiros por parte da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal. Trátase dun acto honorífico símbolo de compromiso e dedicación a determinados persoeiros dun sector vital para a economía e a cultura local. Nani Matos, actor, director, guionista e músico guardés, quen presentou o acto e engadiu un toque artístico e cultural ao mesmo, foi dando paso e entrega aos nomeados cabaqueiros e cabaqueiras, así coma os representantes das 9 adegas asociadas nesta confraría. Finalmente, realizouse o brinde inaugural do evento, onde institucións, adegas e outras personalidades presentes brindaron coa primeira copa de viño do Rosal, marcando o inicio desta fin de semana de celebración.

A xornada deu comezo cunha cata profesional comentada de viños do Rosal a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. Esta actividade permitiu aos participantes descubrir e apreciar a riqueza e diversidade dos viños rosaleiros baixo a dirección dun experto de renome, marcando un comezo perfecto para un día cheo de celebracións.

Un momento destacado da tarde vai ser a presentación do innovador Scape Room temático sobre o sector do viño. Esta actividade interactiva brindará unha experiencia única aos participantes, combinando diversión e aprendizaxe sobre a tradición vitivinícola do Rosal. A xornada culminará cun vibrante concerto da Patrulla. No sábado terá lugar a cata de viños dirixida pola sumiller Marina Cruces (actividades baixo inscrición). Na tarde do sábado, Xosé Tomás impartirá unha actividade didáctica para os máis pequenos, tamén baixo inscrición.

Esta edición da feira conta con autobuses circulares polo Concello do Rosal, así como outras rutas habituais que achegan a visitantes desde outros concellos da comarca, asegurando o desfrute do evento con responsabilidade e seguranza.

A Feira do Viño do Rosal non é só un recoñecemento da calidade dos viños do territorio, senón tamén unha celebración da identidade como rosaleiros e rosaleiras. Durante esta fin de semana, a Alcaldesa do Concello do Rosal, convida a todos e todas a participar e compartir momentos de lecer, convivencia e cultura, onde o viño será o protagonista dunha maridaxe perfecta coa rica herdanza cultural e social.

É un evento para non perder a oportunidade de formar parte desta experiencia única, que terá lugar na renovada Praza do Calvario do 12 ao 14 de xullo, para seguir celebrando xuntos a grandeza do noso viño e a nosa comunidade.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas