HomeVigoMosJohannes Sénior gaña o V Concurso de Novos Deseñadores DesfilaMos co seu...

Johannes Sénior gaña o V Concurso de Novos Deseñadores DesfilaMos co seu proxecto “Fiesta De la Rosa”

- Anuncio -spot_img

O Pazo de Mos foi escenario esta fin de semana da quinta edición do Concurso de Noveis Deseñadores DesfilaMos, organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos coa colaboración do Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia -a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia-.

O desfile celebrouse o sábado á noite nos xardíns do Pazo de Mos, cunha gran afluencia de público e coa participación de 12 deseñadores noveis, que presentaron 10 coleccións. Trala xornada do sábado decidíronse os cinco finalistas e o premio especial do público:

Finalistas:

5. Akelarre, de Marina Lamelo, de Santiago.
4. Curvas y Vértigo, de Verónica González, de A Coruña.
3. Orixe, de Uxía Loureiro, de Ponteareas.
2. Denbora, de Josu Santos, de Sobrado do Bispo (Ourense).
1. Fiesta de la rosa, de Johannes Senior, de Vigo


🌟 Premio Especial do Público: Denbora.

Despois da final, que tivo lugar hoxe, durante a XVII Xuntanza de Palilleir@as e Labores de Mos, que reuniu preto de 430 palilleiras nunha xornada festiva e participativa, tamén no Pazo de Mos, o xurado outorgou os seguintes premios:

1º Premio (600 € + exposición da colección completa): Fiesta De la Rosa, de Johannes Sénior.

2º Premio (300 € + exposición da colección completa): Denbora, de Josu Santos.

3º Premio (150 € + exposición da colección completa): Curvas y vértigo, de Verónica González e Pablo Astrai.

As coleccións gañadoras pasarán a formar parte da exposición que poderá visitarse no Pazo de Mos ata o 28 de xullo, xunto coas obras das Palilleiras de Mos e da artista polaca Malgorzata Szpila.

DesfilaMos consolídase así como unha plataforma para o impulso da moda con identidade e do encaixe como expresión artística contemporánea.

Publicacións Relacionadas