Home Pontevedra Caldas José Cela fai un chamamento para extremar a seguridade sanitaria ante a...

José Cela fai un chamamento para extremar a seguridade sanitaria ante a implantación en Moraña do Nivel Máximo fronte á covid-19

- Anuncio -

A Comisión de Seguimento acorda esta mañá reforzar as medidas de prevención con protocolos informativos, desinfecións e patrullas da Policía Local e coa continuidade dos servizos extraordinarios implantados na segunda vaga

O alcalde mantén un contacto diario coa xerencia sanitaria de Pontevedra e xa se puxo sobre a mesa a posibilidade dun cribado de detección de positivos en caso de que se cumpran cos parámetros de risco para a súa realización

O alcalde de Moraña, José Cela, vén de facer un chamamento á veciñanza para que extreme as medidas de seguridade sanitaria, reduza por completo as súas interaccións sociais e se limite a saír do seu domicilio só para actividades imprescindibles despois de que o comité clínico da Xunta de Galicia implantara no termo municipal o Nivel Máximo de restricións para facer fronte á terceira vaga da covid-19.

O rexedor fixo estas manifestacións e decretou o reforzo das medidas de prevención despois de asistir ao Comité de Seguimento Municipal celebrado esta mesma mañá en Moraña coa participación, ademais do propio alcalde, da tenente de alcalde Norma Caldas e representantes de Protección Civil, Policía Local e a Secretaría Municipal.

José Cela explicou que o Concello conta, a día de hoxe, con 26 casos activos e unha incidencia acumulada a 14 días que supera os 250 casos por 100.000 habitantes, segundo se lle informou dende a xerencia sanitaria de Pontevedra e O Salnés, coa que mantén contacto diario para seguir a evolución da pandemia en Moraña. Precisamente nesta comunicación co seu titular, José Ramón Gómez, xa se abordou a posibilidade de realizar un cribado de detección de casos no municipio, especialmente asintomáticos, en caso de que se cumpran os parámetros de risco para a súa realización. “Malia que a situación medrou en Moraña pola terceira vaga aínda non estamos tan mal como outras zonas, pero xa se falou dun cribado en caso de que os datos empeoren, pero agardamos que non sexa necesario”, indicou Cela.

O alcalde, que ten previsto informar telefonicamente do contido do Comité de Seguimento aos grupos municipais da oposición, detallou que, entre as medidas acordadas, figura o incremento das desinfecións en espazos públicos especialmente transitados, entre os que destacan as zonas de acceso a establecementos comerciais, a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou a realización de patrullas informativos por parte da Policía Local para evitar a congregación de veciños convidándoos á dispersión.

Así mesmo, tamén comezou a repartirse, de xeito persoal no casco urbano e a través dun buzoneo postal no rural, un folleto informativo para lembrarlle á cidadanía a importancia de cumprir coas medidas de distancia social, uso de máscara e xel, evitar o contacto con persoas non convivintes e evitar as saídas do domicilio agás que sexa imprescindible.

Polo demais, o alcalde lembra que todas as persoas con síntomas deben chamar de inmediato ao centro de saúde de Santa Lucía e que os casos positivos poden chamar ao Concello a través do número de teléfono 986 553005 para solicitar os servizos municipais de carácter extraordinario postos en marcha xa hai varias semanas durante a segunda vaga da pandemia co propósito de que, dentro das difíciles circunstancias, poidan facer a súa vida do xeito máis normal posible. Entre estes servizos figuran a compra e transporte domicilio de alimentos e medicamentos, a recollida de residuos domésticos ou os traslados de familiares dependentes.

“A situación é moi complicada en toda España e loxicamente, aínda que un pouco menos, tamén en Galicia e en Moraña, pero dende o Concello estamos volcados neste asunto 24 horas ao día e os veciños saben que poden chamarnos en calquera momento para o que necesiten, xa que temos un completo protocolo de actuación para illar os casos e para, a partir do seu confinamento, atendelos do mellor xeito”, indicou o alcalde.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas