• É solidariedade, xenerosidade, sostibilidade e un espectáculo
O Concello informa de todas as actividades para todos os públicos das que poderán desfrutar as veciñas e veciños mañá dende primeira hora. Stands que promoven a reciclaxe, actos solidarios en favor de El Sueño de Vicky, sorteos e agasallos, ademais de homenaxe aos tres gañadores ponteareáns de La Vuelta para celebrar a saída da etapa 10 de La Vuelta en Ponteareas na rúa Concha Brey ás 13:40 horas.
ACTIVIDADES ABERTAS A TODO O PÚBLICO:
- Dende as 09:30 almorzos saudables con Carrefour para todas as persoas que visiten o seu stand na rúa Rogelio Groba.
- Ás 11:00 entrega de camisetas de La Vuelta aos 150 primeiros nenos e nenas que se acheguen ao Concello.
- Ás 11:30 homenaxe aos nosos tres gañadores de La Vuelta en control de sinaturas en rúa Rogelio Groba con sorteos e concurso.
- Ás 11:40 sae a caravana publicitaria de La Vuelta da saída na rúa Concha Brey polo percorrido da carreira.
- Ás 12:00 horas na rúa Morales Hidalgo visita a Unidad de Movilidad y Seguridad Vial de la Guardia Civil.
- Percorre todos os stands e quédate con algún agasallo, visita os estacionamentos de equipos nas rúas Ciclista Emilio Rodríguez e avenida Rosalía de Castro, e non te perdas o control de firmas dende as 12:20 horas.
- Ás 13:30 vive a saída dende a rúa Concha Brey rumbo á praza Bugallal, praza da Música, baixada por rúa Braña e Castelao rumbo a Mondariz.

