Home Pontevedra Baixo Miño Lecer activo, creatividade e traballo en equipo nos campamentos de verán do...

Lecer activo, creatividade e traballo en equipo nos campamentos de verán do Rosal

- Anuncio -

Éxito rotundo das actividades estivais para nenos e nenas organizadas por Concello, Agrupación Musical do Rosal, UD Ribera e Valinox Novás

Co verán chegando ao seu fin e o curso escolar a piques de comezar, o Concello fai un balance moi positivo dos campamentos realizados no Rosal durante a época estival, espazos de encontro que brindaron a nenos e nenas unha experiencia enriquecedora no que o lecer activo, a creatividade, o traballo en equipo e a experimentación foron os eixos principais dunha alternativa lúdica e educativa única para a cativada.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca que durante os meses de xullo e agosto grazas aos campamentos de Concello, Agrupación Musical do Rosal, UD Ribera e Valinox Novás “a rapazada puido gozar dunha alternativa de lecer lúdica e educativa durante as súas vacacións estivais ao tempo que se favorecía a conciliación familiar e laboral de rosaleiros e rosaleiras, tan importante nestas datas”.
O campamento municipal, celebrado no CPI Manuel Suárez Marquier e en espazos variados do concello, contou cunha ampla variedade de dinámicas, xogos e actividades adaptadas as diferentes idades combinada con saídas ao exterior para gozar dos diferentes espazos naturais da contorna e afondar na posta en valor do medio ambiente.
Deste xeito leváronse a cabo actividades físico deportivas que se complementaron con propostas coas que potenciar outras destrezas, como clases de cociña, debuxo, xogos de mesa, a busca do tesouro arqueolóxico, festas temáticas como a da auga, xincanas ou xogos clásicos colaborativos. Ademais de asistir como público á representación de dúas pezas teatrais, durante os campamentos tamén se recibiu a visita de dúas mozas que introduciron a todas e todos os participantes na importancia do Consello da Infancia e Adolescencia.
Nenas e nenos deron tamén unha grande acollida ás saídas realizadas, como a visita ao velódromo das Eiras para xogar cos máis variados xoguetes con rodas, a mañá no Parque de Pías, a xornada de diversión e relax nas Aceñas, un día de baño na Pesqueira ou unha ruta polos muíños do Folón e do Picón para coñecer a contorna e desfrutar deste espazo natural.
“O balance é moi positivo. Conseguimos ofrecer unha ampla gama de experiencias que non só foron divertidas, senón tamén educativas”, destaca a rexedora, que quixo tamén “agradecer a colaboración de todas as entidades involucradas nos diferentes campamanentos, que fan posible combinar lecer e educación e que a nosa rapazada goce dunhas vacacións de maneira activa e creativa”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas