Home Pontevedra A Paradanta Lete visita As Neves e Crecente para supervisar as obras das súas...

Lete visita As Neves e Crecente para supervisar as obras das súas infraestruturas municipais que se están a realizar grazas a orde de Axudas da Xunta

- Anuncio -

LETE VISITA AS NEVES E CRECENTE PARA SUPERVISAR AS OBRAS DAS SÚAS INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS QUE SE ESTÁN A REALIZAR GRAZAS A ORDE DE AXUDAS DA XUNTA

_No Concello das Neves estase a executar un novo vestiario e zona polivalente no estadio Pepe Capón cun orzamento total de máis de 65.000 euros dos que a Xunta achega o 80%

_O Concello de Crecente foi beneficiario tanto da liña de infraestruturas -40.000 euros para a adecuación da piscina- como da liña de equipamento -8.500 euros para material deportivo-; ademais tamén conta cun convenio de colaboración para os vestiarios da pista polideportiva de Filgueira

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as comarcas do Condado e de Paradanta para supervisar as obras que se están a levar a cabo nas infraestruturas municipais das Neves e Crecente grazas ao financiamento da Xunta de Galicia. Concretamente, estas actuacións lévanse a cabo a través da orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable que, ao longo deste 2023, contou con dúas convocatorias e pola que o 66% dos municipios galegos víronse beneficiados. En total foron repartidas unhas 280 axudas -entre infraestruturas e equipamento- para os concellos de Galicia, cun investimento total de preto de 8 millóns de euros (preto de 6 millóns na primeira convocatoria e máis de 2 millóns na segunda).

No caso das Neves, o secretario xeral visitou, acompañado do alcalde, José Manuel Alonso, o estadio de fútbol Pepe Capón, na área deportiva da Caíña, onde se está a executar o proxecto de vestiarios adicionais e nova zona polivalente. Segundo o titular do Deporte galego, esta a actuación supón un importante pulo ao “deporte para todos e para todas” xa que consiste nun novo vestiario para o momento no que se dean cita equipos mixtos, podendo así albergar ás deportistas femininas, o cal, a súa vez, ofrecerá a posibilidade de organizar torneos máis amplos, principalmente de categorías inferiores, en idade escolar. Ademais, tamén se pretende impulsar o deporte do fútbol a pé para maiores de 60 anos. Complementariamente ao novo vestiario femenino, a actuación compleméntase coa definición dun novo espazo contiguo de convivencia polivalente, que servirá como zona de ximnasio exterior e espazo común de xogos e lecer. A obra ten un custo total de máis de 65.000 euros (65.549,73 euros) dos que a Xunta de Galicia sufraga o 80% (50.000 euros), achegando a contía máxima destas subevncións.

A continuación e acompañado polo alcalde de Crecente, Julio César García, o secretario xeral para o Deporte dirixiuse á comarca de Paradanta para supervisar as obras de mellora e adecuación da instalación na piscina municipal de Crecente. O obxectivo desta actuación é modernizar a piscina e adecuala ás novas necesidades técnicas, deportivas e regulamentarias, co obxecto de seguir servindo como base de referencia tanto a nivel social, deportivo, cultural e educativo. No caso concreto da piscina municipal, debido ao paso dos anos, ás inclemencias climáticas e á falta de uso durante a época invernal, fóronse producindo danos nos materiais máis delicados que deben ser retirados por uns novos dando resposta a unha solicitude dos clubs deportivos, asociacións, veciños e usuarios. A actuación baixo a que se levará a cabo o acondicionamento dos vestiarios, da parcela e do vaso da piscina terá un orzamento total de 48.400 euros, sendo achegados pola Xunta de Galicia preto de 40.000 euros (38.720 euros).

Ademais o Concello de Crecente tamén se viu beneficiado coa segunda liña desta orde de axudas. Neste sentido e dentro do obxecto de material deportivo inventariable, o concello equipou a nova instalación deportiva situada ao carón do pavillón municipal e dedicada á realización de actividades deportivas como ximnasio, sala polivalente de actividades e pistas de pádel. O importe deste material foi superior aos 10.000 euros (10.625,11 euros) sendo aboado pola Xunta de Galicia o 80% (8.5000 euros).

Por último cómpre salientar que existe outro convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Crecente en materia deportiva, neste caso fóra da orde de axudas de infraestruturas municipais, e que se ocupa da adecuación interior dos vestiarios da pista polideportiva de Filgueira. Os devanditos vestiarios presentan un desgaste e  deterioro debido ao paso dos anos que provocou a presenza de deficiencias para poder poñer a funcionamento novamente os vestiarios da instalación así como organizar eventos deportivos mellorando os servizos e ampliando a capacidade da instalación. O importe total destas actuacións é duns 9.000 euros (8.998,02 euros) sufragados na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Pulo ás infraestruturas deportivas

Neste 2023 as tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas que a Xunta puxo en funcionamento e que xa foron resoltas. Ademais das dúas convocatorias da orde para concellos tamén se puxo en marcha a orde para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora das instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros e que de cara a 2024 volverá ascender ata os 56 millóns de euros.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Publicacións Relacionadas