Será ás 20 h na Sala Félix Rodríguez
A Biblioteca Municipal de Tui acolle o luns a presentación das novelas da escritora do Porriño, Lisi Da Silva, que ten editado recentemente “Martín no sabe morir” e “El ruído de los tonos grises”. A cita será ás 20 h na Sala Félix Rodríguez González dentro da actividades que programa o Concello de Tui nos meses de maio e xuño co título de “Tui en letras”.
Estas novelas “Martín no sabe morir” e “El ruído dos tonos grises” están protagonizadas pola inspectora Lola Oliveira. Son as dúas dúas primeiras entregas da triloxía “Crebas”.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, sinala que coa presentación destas novelas de Lisi da Silva a Biblioteca Municipal tudense segue promovendo a difusión da produción literaria dos autores da nosa contorna, achegando a súa obra ás persoas lectoras e á cidadanía en xeral.
“Martín no sabe morir” é un thriller policiaco que usa unha prosa fría e elegante que mergulla de cheo na investigación levada a cabo en Galicia a mans dunha inspectora, Lola Oliveira, intelixente con feridas internas do seu pasado, pero atopa neste caso o impulso que precisa na súa carreira profesional. Martín é secuestrado por unha muller aparentemente sinistra que non desvela os motivos polos que secuestra e tortura a un dos protagonistas.
“El ruído de los tonos grises” é a segunda novela que continua na liña dun thriller de acción e misterio na que se debulla o presente dunha muller obsesionada con coñecer o seu pasado. A sarxento Lola Oliveira non dubidará en saltarse límites morais e éticos no seu afán por descifrar o enigma do seu abandono. Inmersa no caos da investigación, non será consciente da tea de araña que o pasado e o presente tecen ao seu ao redor.
Lisi da Silva vén de faacer realidade aos seus 63 anos o soño que ten dende o 15 que era escribir unha novela.
Amante da novela negra e a novela histórica agora dedica ao seu tempo a súa paixón de escribir tras unha vida laboral onde foi administrativa e taquígrafa; para centrarse despois no mundo da moda, en concreto no de Noivas durante máis de 30 anos.
Inquieta por natureza, defensora dos dereitos e liberdades das mulleres, participante en camiñadas solidarias e do Camiño de Santiago, e coas curiosidades coma afección a escritura centra agora o seu tempo.