HomeVigoPazos de BorbénLuciano Otero logra pechar o  ano con superávit en Pazos de  Borbén...

Luciano Otero logra pechar o  ano con superávit en Pazos de  Borbén malia gobernar en  minoría 

- Anuncio -spot_img

O Concello cumpre con todas as esixencias  económicas: estabilidade, regra de gasto e nivel de  débeda, deixando un remanente positivo que non  pode investirse pola falta de apoio da oposición 

O Concello de Pazos de Borbén vén de pechar o exercicio económico 2024 cun resultado positivo en todas  

as áreas claves de xestión financeira: cun superávit de máis de 190.000 euros (190.513,59 €), un aforro neto superior aos 263.000 € e un nivel de endebedamento  de só o 3,85 %, moi por debaixo dos límites legais establecidos. 

Estes datos, recollidos no informe de intervención oficial, amosan que o goberno  municipal liderado por Luciano Otero, en situación de minoría, foi quen de manter  as contas públicas equilibradas, xestionando con responsabilidade e rigor os recursos da  veciñanza. 

Porén, e a pesar do remanente positivo acumulado nos últimos anos, o alcalde mostra o  seu malestar ante a imposibilidade de investir ese diñeiro en melloras e necesidades  urxentes para o municipio, pola falta de apoio dunha oposición que, lonxe de  colaborar, bloquea proxectos e acordos fundamentais para o desenvolvemento de  Pazos de Borbén

“Non se entende que, tendo un Concello saneado e con recursos dispoñibles, teñamos que  ver como eses cartos quedan sen gastar por culpa dunha oposición máis centrada en afogar  economicamente ao goberno que en mellorar a vida da veciñanza”, lamenta Otero. 

Desde o equipo de goberno insístese en que os cartos públicos deben servir para  transformar o municipio e dar resposta ás necesidades reais das persoas, e non para  acumularse en contas mentres hai proxectos bloqueados. Esta realidade evidencia unha situación paradoxal: un goberno solvente e responsable,  maniatado pola falta dunha maioría que impide avanzar ao ritmo que Pazos de  Borbén merece.

Publicacións Relacionadas