HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas acada unha nova subvención para os programas interxeracionais

O Concello de Ponteareas acada unha nova subvención para os programas interxeracionais

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas informa que vén de acadar unha axuda de 25.000€ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para un novo programa de obradoiros interxeracionais que organizan actividades transversais co obxectivo de conectar persoas a través de xornadas de aprendizaxe e lecer.

A alcaldesa Nava Castro agradece á Consellería este importante apoio para desenvolver accións que promovan o coñecemento e a socialización. “Fomentar unha vida activa é fundamental, sobre todo, entres as persoas maiores e xa xubilidas. Pór en valor os coñecementos das persoas maiores que desenvolveron un traballo ao longo de toda unha vida e facilitar que os transmitan a xeracións máis novas son algúns dos obxectivos. Que as persoas sigan sentindo que teñen moito que aportar e que todos nos beneficiemos desa sabedoría”. 

Este novo programa recoñece a experiencia das persoas maiores en ámbitos produtivos amosándolla á xuventude para prolongar a súa experiencia e non deixar que se perdan estes coñecementos. O proxecto favorece o enriquecemento persoal, social e laboral da mocidade ponteareá abríndolle novas perspectivas e oficios que poden ser unha opción para desenvolver a súa vida laboral na vila.

Os obradoiros interxeracionais de Ponteareas son deseñados tendo en conta tres eixos, o turístico, a cohesión tecnolóxica e dixital e a protección do medio ambiente. “Unha localidade que amose tradición e innovación será capaz de potenciar o seu desenvolvemento económico. As accións deben ser deseñadas con amplitude de perspectivas que se nutran entre elas. Así as nosas profesións, señas de identidades ou patrimonio e medio ambiente poden ser un potente atractor turístico”, subliña a alcaldesa Nava Castro.

O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, adianta que os obradoiros desenvolveraos a Oficina Municipal de Voluntariado, “que na anterior convocatoria xa os desenvolveu con éxito en colaboración con voluntarias e voluntarios aos que quero achegar o meu agrademento”. Este programa enmárcase no  Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Publicacións Relacionadas