Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López comprométese co alcalde de Vilanova de Arousa a atender a...

Luis López comprométese co alcalde de Vilanova de Arousa a atender a demanda histórica de contruír unha senda peonil e ampliar a estrada entre Baión e András

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Pontevedra mantén a súa vontade de colaborar con todos os concellos nun encontro con Gonzalo Durán, a terceira entrevista con alcaldes da provincia despois de verse cos de Pontevedra e Vilagarcía

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprometeuse a levar a cabo proxectos encamiñados a transformar a mobilidade peonil e a seguridade viaria no municipio de Vilanova de Arousa despois dun encontro co alcalde Gonzalo Durán no que ambos os mandatarios amosaron a súa vontade de colaborar e aunar esforzos en beneficio da veciñanza, como é a atención dunha demanda histórica que é a mellora, con ampliación e construcción dunha senda peonil, da estrada provincial que une Baión e András.

Unha visita demostra a firme decisión de Luis López de estar preto dos concellos, pois xa son tres as visitas institucionais realizadas, primeiro foi a Pontevedra e despois a Vilagarcía, en pouco máis de cen días de goberno.

“Sempre é un pracer percorrer esta provincia, falar cos alcaldes e cos veciños para coñecer os proxectos que teñen en mente, as súas necesidades, as obras feitas e tamén ás que están por facer”, declarou Luis López despois do encontro co alcalde Gonzalo Durán, no que tamén participou o concelleiro e deputado provincial Javier Tourís, “que desprende implicación, dinamismo e resolución co traxe de concelleiro ou de deputado”.

A entendemento e a boa sintonía entre os dos mandatarios foi a tónica dunha reunión que se pechou coa garantía por parte da Deputación da redacción dun proxecto que transformará a mobilidade na estrada EP-9701 entre Baión e András. “Estamos a resolver unha demanda histórica do concello que estaba gardada nun caixón desde hai oito anos sen motivo aparente, cando se rescindiu o contrato no ano 2015”, lembrou o presidente da Deputación.

O proxecto consiste na mellora dun tramo de tres quilómetros de estrada que transcorre por unha zona densamente poboada e que presenta problemas de anchura da vía, de conservación do pavimento e seguridade viaria. A intervención servirá para atallar todos estes problemas e, ademais, crear unha senda peonil nunha das marxes do trazado así como cunetas de formigón transitables e ampliar a anchura da estrada. “Trátase dun revulsivo que contribuirá a transformar a mobilidade neste municipio e que vai en sintonía con ese carácter transformador que queremos imprimir á provincia”, explicou o mandatario.

Pero o encontro con Durán serviu para avanzar tamén noutras iniciativas. Para Luis López o rexedor vilanovés é un “deses alcaldes que entende a lealdade desde a esixencia. Por iso leva desde 1995 gañándose a confianza dos veciños. Demanda moito, pero tamén dá moito. Eu sei que en Gonzalo encontro sempre lealdade, e el sabe que a Deputación será sempre un socio leal para os proxectos que queira levar a cabo”, asegurou o dirixente provincial. Dous deses proxectos que están tamén enriba da mesa son a mellora da seguridade viaria da EP-9703 entre Vilanova, Ousensa e Pontearnelas coa construción de beirarrúas e o remate da senda peonil e a pavimentación da EP-9702 entre As Sinas e Vilanova.

Rematou o encontro institucional o presidente provincial recordando a importancia que terá ao longo do próximo ano o programa +Provincia, que vai en concordancia cos proxectos demandados polo Concello de Vilanova de Arousa. “Un programa que marcará un antes e un despois nas relacións entre as administracións municipais e a provincial”, asegurou Luis López asegurando que os históricos e rompedores 48,2 millóns de euros do orzamento do plan servirán para seguir apoiando aos 61 concellos en materia de gasto corrente, emprego e investimentos; pero tamén para promover a redacción e execución de proxectos de futuro ambiciosos que contribúan a transformar a provincia.

“O apoio da Deputación aos concellos será incuestionable, a escoita aos alcaldes e alcaldesas da provincia será unha constante e a atención ás necesidades da cidadanía será sempre a nosa meta”, concluíu o presidente Luis López.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas