HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López ve no éxito das producións e no talento dos profesionais...

Luis López ve no éxito das producións e no talento dos profesionais finalistas aos premios Mestre Mateo o reflexo da calidade do audiovisual galego que fará historia en Lalín

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación sinala que, grazas ao apoio do ente provincial, os maiores premios do audiovisual galego entregaranse por primeira vez no rural galego, en Lalín

A serie “Rapa”, con 18 nominacións, é a produción máis votada para unha gala na que se repartirá un total de 25 galardóns

“O audiovisual durante moitos anos nos leva dando leccións de sensibilidade co rural na pantalla. Agora tamén as dá fóra dela”, afirmou López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, prevé uns premios Mestre Mateo extraordinarios despois do anuncio do nome dos finalistas para facerse con estes galardóns nunha gala histórica fixada para o vindeiro 15 de marzo e que se celebrará por primeira vez en case un cuarto de século que se celebra no rural galego, en Lalín. No Salón de Plenos do Pazo provincial celebrouse este xoves o acto de anuncio dos aspirantes, en cada unha das categorías, aos XXIII Premios Mestre Mateo, un evento no que participou o mandatario provincial, xunto co alcalde do concello anfitrión, Xosé Crespo; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias. “Hoxe maniféstanse aquí tres alianzas: unha alianza institucional, unha alianza cultural e unha alianza provincial. As tres dan a súa mellor versión para os Mestre Mateo”, reflexionou o presidente da Deputación antes de desvelar o nome dos finalistas, aos que deu os parabéns, así como aos responsables da Academia, por “dar brillo a unha cita marcada en vermello no calendario cultural de Galicia”.

A cerimonia, conducida pola actriz Susana Sampedro, o sonidista David Machado e coa participación da intérprete Teté Delgado; comezou arredor das 11.30 horas desta mañá de xoves no Salón de plenos do Pazo provincial. O acto deu comezo cunha quenda de discursos institucionais que pechou o presidente Luis López facendo fincapé no fito histórico que supón a entrega dos premios nun ambiente rural. “O audiovisual durante moitos anos nos leva dando leccións de sensibilidade co rural na pantalla. Agora tamén as dá fóra dela, coa celebración desta gala en Lalín que será un auténtico éxito”, afirmou o dirixente.

A continuación, os presentadores procederon a desvelar o nome dos finalistas en cada unha das categorías. Un listado no que a serie “Rapa” e as longametraxes “As Neves”, “Honeymoon” e ”+Cuñados” copan corenta das candidaturas que competirán polos premios nun total de vinte cinco categorías. A serie de Portocabo é a produción máis votada polos académicos e suma 18 candidaturas, seguida de “As Neves”, con 13; “Honeymoon”, con 10; “+Cuñados”, con 8; e “Clanes”, con 6.

Descentralizar a cultura

A celebración por primeira vez en vinte tres edicións da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo en Lalín responde á estratexia do goberno provincial de descentralizar os grandes eventos culturais e dinamizar a actividade cultural, social e económica de todos os concellos da provincia. “Existe unha alianza provincial, que seguramente é a menos evidente pero, para min, é se cadra a máis relevante de todas. Todos os que, dun xeito ou doutro, estamos detrás dos Mestre estamos contribuíndo a unha provincia máis equilibrada territorialmente, a unha provincia máis activa culturalmente e, por extensión, a unha provincia mellor”, subliñou o mandatario provincial sobre a celebración desta gala, que forma parte dunha estratexia global da que tamén forma parte a campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas baixo o lema “Cando Volves?” e que leva a primeiro plano o interior da provincia ou a organización de eventos deportivos de interese xeral fóra das dúas grandes cidades da provincia.

As outras dúas alianzas, institucional e cultural, mencionadas polo presidente Luis López ao comezo do discurso contribúen tamén á engrandecer o audiovisual galego. Desde o punto de vista institucional, “a suma de Administracións multiplica os resultados. A Xunta de Galicia, a través de Agadic; o Concello de Lalín e a Deputación de Pontevedra, sumadas a outros entes de enorme prestixio como a CRTVG e a Academia, demostramos no proceso unha sintonía perfecta. Os Mestre Mateo seguramente serían peores sen uns socios institucionais deste calibre”, asegurou.

Mentres que no eido cultural, a unión de forzas de todos os creadores audiovisuais xunto ao impulso cultural de cada unha das entidades implicadas nestes premios garanten unha industria da máxima calidade. Neste sentido, destacou o presidente provincial o apoio que a Deputación presta a este sector fundamental da cultura: “Esta é a casa dos premios Feroz, dos Mulleres no Foco que celebramos a semana pasada, e agora dos Mestre Mateo. Unha casa amiga do audiovisual”, concluíu para reiterar o agradecemento por escoller a provincia como escenario para a entrega destes premios, que contribúen desde o plano cultural a facer fronte ao reto demográfico; e desexar sorte aos finalistas.

Listado de finalistas por categorías

  1. MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO
  2. ARDE LVCVS MMXIV MBC Servicios Audiovisuales, S.L.
  3. CORTELLO CLUB. CAMPAÑA CONTRA A TRATA Abella Creativa, Ecos do Sur
  4. GALICIA SABE AMAR Idea Creatividad y Comunicación, S.L.
  5. NON PODE SER MÁIS DE AQUÍ RC Celta e Verve Creative Group
  • MELLOR CURTAMETRAXE
  • NAI Tito Refoxo, Brais do Rei
  • PLATÓNICO, PLATÓNICA Rebordelos
  • PURA Carmen Méndez
  • VÉXOTE Islandia Producciones
  • MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
  • AVETIMOLOGÍA Karral Animatua, Sygnatia, Acción Cultural Española
  • EU VOU COMIGO Abano Producións
  • NOITES DE PRATA Soraya Antelo, Rita Cid, David Deibe e Alberto García
  • SINAPSE Universidade da Coruña
  • MELLOR DOCUMENTAL
  • AURORA Gaitalmes, coa participación da TVG
  • FILMEI PAXAROS VOANDO Sétima, Ringo Media coa participación da TVG
  • PREFIRO CONDENARME Nós, Produtora Cinematográca, S.L. en coprodución nanceira con compañía RTVG, S.A.
  • SALVAXE, SALVAXE Xiana do Teixeiro e Animala coa participación da TVG
  • MELLOR LONGAMETRAXE
  • +CUÑADOS Portocabo TV, S.L. coa participación da TVG
  • AS NEVES Cósmica Producións, Aquí y Allí Films coa participación da TVG
  • HONEYMOON Pulsa Control Z, S.L. e Acca Media, S.L. coa participación da TVG
  • XUSTIZA ARTIFICIAL Justicia Articial A.I.E., Abano Producións, Tornasol Media, Ukbar Filmes coa participación da TVG
  • MELLOR PROGRAMA
  • CINEPHILIA Noveolas Producciones e Telemiño
  • COS PÉS NA TERRA Filmax (Producións A Fonsagrada, S.L.) para TVG
  • NOSOUTRAS Undodez para Televisión de Galicia
  • RECOLLENDO MÚSICAS Undodez para Televisión de Galicia
  • MELLOR SERIE DE TV
  • BIBOPALULA Undodez e Televisión de Galicia
  • CLANES Vaca Net TV, SLU e Netix
  • EL CIRCO DE LOS MUCHACHOS Vaca Docs, Prime Video
  • RAPA Movistar+, Portocabo TV, S.L.
  • MELLOR SERIE WEB
  • A MOZA QUE ABORTOU E O CONTOU Brava, Eire Cid e Rosalía Quiroga
  • POSCOITO Héctor Rodríguez
  • PRINGADAS Brava coa participación da TVG
  • PULP AIR Henfunk Studio
  • MELLOR VIDEOCLIP
  • ALENTEJO (BAIUCA) Blua Producers, S.L., Embruxo Producións Artísticas, S.L., Alan Queipo Bonet (Raso Estudio)
  • HI, MY LOVE (SABELA) Sabela Ramil
  • MARIMONDRA (MONDRA E ADELA OTERO) Mondra e Adela Otero
  • QUERERSE BEN (MONDRA) Elmembrillo
  1. MELLOR COMUNICADOR/A
  2. ESTÍBALIZ VEIGA Din que non falan
  3. JUAN FUENTES Quen anda aí?
  4. PACO LODEIRO Atrápame se podes, chanzo arriba
  5. SIMONE SAIBENE Cinephilia
  1. MELLOR DIRECCIÓN
  2. ENRIQUE OTERO Honeymoon
  3. JORGE COIRA, JAVIER CÁMARA Rapa
  4. LUIS AVILÉS +Cuñados
  5. SONIA MÉNDEZ As Neves
  1. MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE
  2. ANDREA POZO +Cuñados
  3. CURRU GARABAL Tratamos demasiado bien a las mujeres
  4. ELIA ROBLES As Neves
  5. INÉS RODRÍGUEZ Rapa
  1. MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
  2. ALBERTE BRANCO Prero condenarme
  3. JAIME PÉREZ Rapa
  4. LUCÍA C. PAN As Neves
  5. SERGIO FRANCO Honeymoon
  1. MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
  2. ANA MÍGUEZ Rapa
  3. JAVI LOPA, ANA MÍGUEZ +Cuñados
  4. MARÍA LIAÑO Clanes
  5. NATI JUNCAL Prero condenarme
  6. NATI JUNCAL, SILVIA FUENTES As Neves
  1. MELLOR GUIÓN
  2. MARGARITA LEDO, EVA VEIGA Prero condenarme
  3. PEPE COIRA, FRAN ARAÚJO Rapa
  4. ROBERTO G. MÉNDEZ, ENRIQUE OTERO Honeymoon
  5. SONIA MÉNDEZ As Neves
  1. MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO
  2. LUCÍA VEIGA As Neves.
  3. MARÍA PUJALTE Clanes
  4. MARÍA VÁZQUEZ Honeymoon
  5. SHEYLA FARIÑA Rapa
  1. MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA
  2. ANDREA VARELA As Neves
  3. CARMEN MACHI Tratamos demasiado bien a las mujeres
  4. LUCÍA VEIGA Na gloria
  5. MÓNICA LÓPEZ Rapa
  1. MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO
  2. ADRIÁN RÍOS Rapa
  3. ANTONIO DURÁN “MORRIS” Honeymoon
  4. DIEGO ANIDO Rapa
  5. MIGUEL DE LIRA Rapa
  1. MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA
  2. DARÍO LOUREIRO Rapa
  3. FEDERICO PÉREZ +Cuñados
  4. JAVIER CÁMARA Rapa
  5. JAVIER GUTIÉRREZ Honeymoon
  • MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
  • FANNY BELLO +Cuñados
  • FANNY BELLO, GEMMA MÁRQUEZ Rapa
  • SONIA GARCÍA As Neves
  • SUSANA VEIRA, BEA ANTELO Clanes
  • MELLOR MONTAXE
  • ADRIÁN PINO Honeymoon
  • GASPAR BROULLÓN, LU RODRÍGUEZ, JORGE COIRA Rapa
  • JULIANA MONTAÑÉS As Neves
  • LU RODRÍGUEZ +Cuñados
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL
  • ANDY BELL As Neves
  • SANTI JUL, IVÁN LAXE +Cuñados
  • SERGIO MOURE Clanes
  • XAVI FONT Rapa
  • MELLOR REALIZACIÓN
  • ADOLFO FERNÁNDEZ Recollendo músicas
  • JAIRO IGLESIAS Nosoutras
  • MARCOS NINE Historias de aquí
  • SIMONE SAIBENE Cinephilia
  • MELLOR SON
  • CARLOS MOURIÑO Clanes
  • CARLOS MOURIÑO, DIEGO STAUB, PABLO REGA Honeymoon
  • DAVID MACHADO, JAVIER PATO, DANIEL FERNÁNDEZ As Neves
  • JUAN GAY, DIEGO STAUB Rapa
  • MELLOR VESTIARIO
  • ALICIA DAPENA Rapa
  • MAITE TARILONTE Tratamos demasiado bien a las mujeres
  • MARÍA FANDIÑO Honeymoon
  • MARÍA PORTO As Neves

Publicacións Relacionadas