Home Pontevedra Macarena Baena e Laura de Grado, gañadoras do IV Premio Sesé Mateo...

Macarena Baena e Laura de Grado, gañadoras do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético

- Anuncio -
  • As xornalistas Macarena Baena Garrido e Laura de Grado Alonso son as gañadoras do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético pola súa reportaxe “Desprotexidas. A realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España”. O traballo foi publicado no medio dixital Efeminista, da axencia EFE.
  • A reportaxe denuncia “a situación de vulnerabilidade das mulleres migrantes, que ademais de sufrir violencia de xénero son tamén vítimas de violencia institucional, racismo e unha desprotección sistemática pola súa situación irregular”. As gañadoras recollerán o premio, dotado co 1.500 euros, nun acto que se celebrará este sábado, día 23, na Oficina de Turismo de Redondela ás 12.00 horas.

As xornalistas Macarena Baena Garrido e Laura de Grado Alonso son as gañadoras do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético pola súa reportaxe “Desprotexidas. A realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España”. O traballo foi publicado na web Efeminista, da axencia EFE. Trátase dunha ampla reportaxe que inclúe vídeos con testemuños de mulleres de diferentes nacionalidades. Este traballo denuncia “a situación de vulnerabilidade destas mulleres migrantes, que ademais de sufrir violencia de xénero son tamén vítimas de violencia institucional, racismo e unha desprotección sistemática pola súa situación irregular”. A reportaxe ofrece tamén a visión de expertas que propoñen solucións.
A concelleira de Iguldade, Iria Vilaboa, sinala que o traballo elixido polo xurado pon o foco nas propias vítimas, “mulleres invisibles que sofren marxinación e violencia polo feito de ser mulleres, o que se grava pola súa condición de estranxeiras e sen recursos”. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que estes premios naceron co obxectivo de recoñecer “a ética á hora de tratar información relacionada coa violencia machista, evitando o sensacionalismo, e iso é o que fai esta reportaxe que dá voz ás propias vítimas”.
As xornalistas da Axencia EFE, Macarena Baena e Laura de Grado, afirman que a súa responsabilidade “é dar visibilidade a aquelas voces que sistematicamente foron silenciadas”. A través desta reportaxe “queriamos que estas mulleres se convertesen nas donas da súa propia historia, narrándoas en toda a súa complexidade”. As autoras agradecen “a confianza e valentía” destas mulleres ao participar neste proxecto “co obxectivo común de que ningunha outra muller teña que vivir o que elas viviron”. Advirten que “a falta de acceso a recursos, o racismo, a discriminación, a desconfianza nas institucións e a lei de estranxeiría colócaas nunha posición de extrema vulnerabilidade”.
O xurado estivo formado polas xornalistas Cristina García (CRTVG) gañadora do II Premio Sesé Mateo, Ana González Liste (A Praza) gañadora do III Premio Sesé Mateo, Laura Nogueira (Atlántico Diario) e María Xesús Queimaliños (Radio Redondela).
O premio está dotado n 1.500 euros e unha escultura en bronce feita pola asociación Lenda. As premiadas recollerano nun acto que se celebrará este sábado, día 23, na Oficina de Turismo de Redondela ás 12.00 horas. Celebrarase tamén unha charla-coloquio baixo o título “Os medios de comunicación como axentes do cambio” con Ana González Liste, Diana López Varela (xornalista, guionista e escritora) e Joshua Alonso Mateo, Técnico superior en Promoción da Igualdade de Género. Haberá unha lectura de poemas do libro de Sesé Mateo “Polo camiño do vento” a cargo de Mar Núñez.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas