HomeVigoMosMáis de 3.000 persoas participan en Mos nos programas municipais de ocio...

Máis de 3.000 persoas participan en Mos nos programas municipais de ocio enfocados ao benestar e a participación social

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos retoma a programación de outono de ocio e tempo libre dirixida á veciñanza interesada en coidar a súa saúde, aprender, participar e gozar do tempo libre. Son unhas 2.500 as persoas que participan nas actividades municipais de dinamización social, prevención da saúde, formación e educación ambiental.

Entre as propostas destacan o programa “Cultiva a túa mente” —en colaboración con Afaga Alzheimer—, no que participan 165 persoas; os cursos de Exercítate (con máis de 130 usuarios entre os cursos de piscina e os de ximnasia de mantemento, ademais das preto de 500 persoas anotadas aos cursos de natación en xeral e as cerca de 50 que participan nas actividades deportivas municipais), o programa CoidaT, que se desenvolve no Pavillón Patricia Martínez; accións de acompañamento en deterioro cognitivo, que conta con 24 participantes nas tardes de luns a venres na Casa Reitoral; actividades formativas de economía circular (cuns 90 participantes ao longo do ano nos obradoiros sobre lixo, roteiros de herbas silvestres, limpeza ecolóxica, cosmética natural, moda responsabe ou un Nadal máis verde), as andainas organizadas pola Concellería de Medio Ambiente, nas que participan unha media de 150 persoas nas oito saídas programadas durante o ano, e a segunda tempada do programa “Tempo de Lecer”, que conta agora mesmo con 173 inscritos nesta segunda tempada, con cursos como bailes latinos, cociña tradicional galega, elaboración de conservas, intelixencia artificial, dieta saudable, patchwork, pandeireta e canto, chan pélvico, entre outros.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, visitou hoxe a Casa Reitoral de Petelos para compartir co grupo de “Cultiva a túa mente” o inicio do novo curso, subliñando “a importancia de manter espazos que favorezan o benestar, a aprendizaxe, a participación activa e a vida saudable da nosa veciñanza”.

A estas propostas únense actividades programadas con diferentes colectivos de xardinería, club de lectura, club de lectura fácil e teatro.

Cultiva a túa mente:

– Tameiga: San Martín:  luns, de 9:30 a 11:00.

– Torroso: Centro Dotacional: luns, de 11:30 a 13:00.

– Sanguiñeda: AAVV Ledicia:  luns, de 16:00 a 17:30.

– Louredo: A Cividade:  luns, de 18:00 a 19:30.

– Guizán, Novo Auditorio:  martes, 16:30 a 18:00.

– Dornelas, Local Social:  martes, 18:00 a 19:30.

– ⁠Cela, Asociación de Herville:  mércores, de 9:30 a 11:00.

– Pereiras: AAVV Nosa Terra:  mércores, 11:30 a 13:00

– Petelos, AAVV Petelos:  xoves, de 9:30 a 11:00 e de 11:00 a 12:30.

– ⁠Mos, Pazo de Mos: venres, de 16:30 a 18:00.

Exercítate:

Piscina: martes e xoves de 10.45 a 11.30 ou mércores e venres, de 11.00 a 11.45

Ximnasia: martes e xoves de 10.45 a 11.45 ou mércores e venres de 10.45 a 11.45.

Actividades deportivas municipais:

HITS: martes e xoves de 9.30 a 10.30 ou de 19.00 a 20.00.

Ximnasia de mantemento: martes e xoves de 20.15 a 21.15.

Pilates: mércores e venres de 9.30 a 10.30 ou de 19.30 a 20.30 ou martes e xoves de 21.30 a 22.30.

Tempo de lecer:

AVV Santa Baia: Elaboración de conservas: luns, de 17.00 a 19.00.

AVV Herville: Bailes latinos: venres, de 20.00 a 21.30.

CRC Torroso: Chan pélvico: luns, de 18.00 a 19.00.

A.V. Celado Cela: Cociña tradicional galega: martes, 18.00 a 20.00.

CSCD As Pedriñas: Intelixencia Artificial, martes, de 18.30 a 21:00.

Asomamos: Pandeireta e canto: mércores, de 17.00 a 18.30.

Asociación Miliario de Guizán: Conservación de alimentos: mércores, de 18.30 a 20.30.

San Rafael: GAP: luns e mércores, de 19.30 a 20:30.

G. Baile Nosa Terra: Pandeireta e canto: mércores, de 20.00 a 22.00.

Mulleres Rurais: Iniciación ao uso do móvil: xoves, de 17.00 a 19.00.

AVV Nosa Terra de Pereiras: Dieta sá e equilibrada: xoves, 20.00 a 22.00.

Mulleres Rurais: Patchwork: venres, de 17.00 a 19.00.

Economía circular:

13 outubro: Roteiro As herbas silvestres de outono.

10 novembro: Moda responsable.

1 de decembro: Un Nadal máis verde.

Publicacións Relacionadas