- A proba está aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60
Máis de 300 ciclistas do e Galicia e do Norte de Portugal cítanse este sábado 26 no I Gran Premio Ciclista ORPAGU. A carreira, aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60, terá un percorrido urbano de 1,1km, no que os ciclistas completarán distintas voltas en función da súa categoría.
Esta proba, promovida polo Team Oiense e patrocinada pola Organización de Palangreiros da Guarda (Orpagu), conta coa colaboración do Concello da Guarda e busca promover o deporte na sociedade.
“O obxectivo é construír unha cita anual que se converta en tradición, que unha xeracións e fomente a vida activa entre veciños e visitantes”, di Aser Estévez, concelleiro de Eventos Deportivos.
Esta nova competición, que se celebrará o sábado 26 de xullo, coincide coa Festa do Peixe Espada, que se celebrará na fin de semana en diferentes restaurantes guardeses.
Ademais dos tres equipos do club anfitrión, espérase a participación de corredores de toda Galicia e tamén do norte de Portugal, nun evento que aspira a consolidarse como referente do calendario ciclista popular galego.
A partir das 15:00h na zona da Sangriña poderemos ver disputar as diferentes categorías desde as promesas ata os másters, elite ou sub-23.

