Home Vigo O Porriño Mañá finaliza o prazo de solicitudes para tres postos de emprego no...

Mañá finaliza o prazo de solicitudes para tres postos de emprego no concello do Porriño

- Anuncio -

● A entidade local contratará un titulado/a medio de Cultura e Biblioteca, outro de Consultor de selección e un de Prospección e Formación no marco do programa Máis Emprega


● O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 6 de novembro (incluído)

O Concello do Porriño informa de que mañá finaliza o prazo para optar a tres postos de traballo no marco do programa Máis Emprega Concello do Porriño.
Concretamente a entidade local contratará un titulado/a medio de Cultura e Bibliotecas, un titulado/a medio Consultor/a de selección e un titulado/a medio de Prospeccióne Formación.
Para a primeira das ofertas, a de Cultura e Bibliotecas, requírese titulación de Grao en Xestión Cultural, Historia da Arte, Filoloxía, Biblioteconomía e Documentación, Antropoloxía, Comunicación Audiovisual, Ciencias Sociales e Humanidades, ou calquera outra dentro da rama de Humanidades
No caso do Consultor de selección é necesario dispor dun Grao en Relacións Laborais, Relacións Laborais e Ocupación, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Dobre Grao en Dereito e Relacións laborais ou equivalentes, cumprindo co mesmo criterio que no anterior posto en tempo de finalización dos estudos.
Por último, para o posto de Prospección e Formación requírese a titulación de Grao en Relacións Laborais, Relacións Laborais e Ocupación, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Dobre Grao en Dereito e Relacións Laborais ou equivalentes.
Para optar a calquera destes postos é preciso que non trascurriran máis de 3 anos desde a finalización dos estudos (ou máis de 5 anos no caso de persoas con discapacidade).
As contratacións formalizaranse o día 15 de novembro de 2024 e serán de carácter laboral temporal, na modalidade de contrato formativo para adquirir a práctica profesional acorde ao nivel de estudos.
A xornada será completa e o período de contratación será de 12 meses e o ssistema de selección levará a cabo mediante un concurso que valorará os méritos dos candidatos. Desde a Concellería de Emprego e Formación animan a todos os interesados a presentar as súas solicitudes dentro do prazo establecido e a formar parte deste importante programa que busca mellorar.

Relacionadas

As solicitudes das axudas provinciais para deportistas de alto nivel marcan récord e dispáranse...

0
Estas axudas, divididas nas subcategorías de DEPO_DAN, DEPO_DAN+ e DEPO_TALENTO, concédense por concorrencia competitiva e en función dos resultados do 2023, co obxectivo de...

Lores aproba a reforma da PO-531 na contorna do colexio de Campañó como medida...

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá as obras de seguridade viaria que a Xunta realiza na estrada autonómica PO-531...

Catro bombeiros de Ponteareas presentan a súa axuda no concello valencián de Alfafar

0
• Dende primeira hora da mañá traballan achicando auga en garaxes A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas informa que catro bombeiros do servizo...

O pleno de Soutomaior aproba a nova ordenanza do lixo para facer fronte ao...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o Goberno local habilitará bonificacións ás familias que o precisen e a aquelas persoas que reciclen, pero temos...

O PSdG esixe á Xunta investimentos en Redondela por valor de 47 millóns

0
A Agrupación do PSdeG de Redondela cualifica os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025 como “decepcionantes e totalmente insuficientes para o...

O museo Meirande acolle un coloquio sobre o bote “Manuel” e a cultura mariñeira

0
O museo de interpretación da Batalla de Rande, o Meirande, acolle este sábado un interesante coloquio ao redor do histórico bote “Manuel” e a...

Publicacións Relacionadas