Ao longo desta semana, 60 mozas e mozos do concello de Soutomaior, de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, están participando no Campamento de Surf en Razo co fin de aprender a realizar este deporte e de gozar dunha contorna natural excepcional na costa.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou esta mañá ás 60 mozas e mozos que están participando ao longo desta semana no Campamento de Surf en Razo na escola ArtSurfCamp.
O programa Verán Activo de Soutomaior achega actividades para a mocidade entre atopa este campamento. Un campamento que esgotou en minutos as prazas ofertadas, sinal do éxito desta convocatoria que repite por segundo ano consecutivo.
Un campamento que busca que estas mozas e mozos aprendan a realizar un deporte como o surf, gozar dunha contorna natural excepcional na costa, e vivir toda unha aventura compartida con outras persoas desde o respecto e a tolerancia.
Trátase dunha oportunidade única para as vacacións de verán da mocidade, xa que durante estes días están gozando do tempo libre, a praia, ademais, de facer deporte. Este campamento leva ás persoas participantes ao lugar idóneo para practicar ou iniciar desde cero a disciplina. E o aloxamento do campamento sitúense a escasos metros do mar.
Ademais do surf neste campamento tamén se están realizando outras actividades fora da auga para mellorar o dominio deste deporte. E por suposto, non todo xira en torno ao surf. Tamén están levando a cabo outros deportes como o volei praia, rutas de sendeirismo litoral, surfskate, xogos na praia… Outro aspecto importante é que se trata dun lugar de encontro multicultural.
O pasado domingo, 27 de xullo, comezaron esta aventura que continuará ata este xoves 31 de xullo, data na que estas mozas e mozos estarán de regreso pola tarde.