Home O Condado Mondariz Mondariz e Ponteareas envían tres trailers de axuda ao pobo Valencián de...

Mondariz e Ponteareas envían tres trailers de axuda ao pobo Valencián de Sedaví

- Anuncio -

• O concello de A Lama tamén se sumou a esta iniciativa


• Sigue aberta a recollida de produtos non perecedoiros, botas de auga, materiais de limpeza e produtos de hixiene persoal

O Concello de Ponteareas e o de Mondariz amosan o seu lado máis comprometido e solidario coas vítimas da DANA (Depresión Aislada en Niveles Altos) e envían tres camións de axuda ao Concello de Sedaví, en Valencia.

A alcaldesa Nava Castro agradece as xestións realizadas polo alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, que dende o primeiro momento se puxo en contacto coa concelleira de Servizos Sociais de Sedaví, Úrsula Isabel Campo, para coordinarse e poder atender o antes posible ás necesidades básicas de produtos de hixiene persoal e doméstica, produtos non perecedoiros, auga, leite, mantas e roupa de abrigo. En concreto, o concello valencián solicitou o envío de botas de auga que foron adquiridas no comercio local de Mondariz grazas ás aportacións económicas das veciñas e veciños a través da asociación de veciños Xabriña e da asociación deportiva Mondariz.

Sandra, César e Juan son os condutores profesionais que levarán estas toneladas de solidariedade ao polígono de Almussafes acompañados do concelleiro de Servizos Sociais de Mondariz. Nestes tres camións tamén viaxa a solidariedade das veciñas e veciños dos concellos de A Lama e dos Moteiros do Morrazo e o compromiso social das empresas de transportes Gayoso, Cooperativa de Lérez e Carmelo así como o de Aguas de Mondariz, Tesis, Dosigal, Bopapel, Darlim, Restaurante Castelo e Distribuciones las 24 horas. Unha vez no polígono industrial recibirán as ordes do Concello de Sedaví que se encargará da distribución.

Tanto no concello de Mondariz como no de Ponteareas habilitáronse varios puntos de recollida respondendo de xeito áxil tanto as e os traballadores municipais como a cidadanía de ámbolos dous concellos. Alcaldesa e alcalde queren agradecer a pronta resposta das veciñas e veciños e dos traballadores e voluntarios que dedicaron a fin de semana a recoller, empaquetar e cargar, tamén ás concellarías de Servizos Sociais, Seguridade e Emerxencias e Voluntariado.

Tanto na escola municipal de música de Mondariz como no centro de servizos sociais de Ponteareas mantense aberta a recollida de produtos non perecedoiros, botas de auga, produtos de hixiene persoal e material de limpeza. Non se recollerá roupa nin alimentos perecedoiros.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas