HomeVigoMosMos acolle a entrega de premios da campaña “Merca no teu Comercio”...

Mos acolle a entrega de premios da campaña “Merca no teu Comercio” para apoiar o comercio local

- Anuncio -spot_img

O Pazo de Mos acolleu esta mañá o acto de entrega de premios da campaña “Merca no teu Comercio”, unha iniciativa da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Comercio, en colaboración cos concellos de Mos e Gondomar, co obxectivo de fomentar as compras no comercio de proximidade.

Nesta edición participaron 27 establecementos das dúas localidades, dos cales 24 pertencen ao municipio de Mos.

O acto contou coa presenza de autoridades locais e representantes do sector comercial, entre os que destacaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; Gabriel Alén, director xeral de Comercio da Xunta de Galicia; Iván Iglesias, presidente da Federación de Comercio de Pontevedra; Alejandro de Prado Costas, Director de Zona Vigo Este de Abanca; e Carmen Soliño, presidenta da Asociación de Comercio e Servizos de Mos (ACESMOS).

Durante o acto, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, amosou o seu apoio á continuidade deste tipo de campañas, que benefician tanto á clientela como ao tecido empresarial local.

A campaña incluíu un sorteo celebrado o pasado 1 de xullo, no que se repartiron 1.000 euros en premios a través de 20 tarxetas de 50 euros, que os gañadores poderán trocar nos establecementos adheridos ata o 31 de decembro de 2025.

·         As persoas de Mos premiadas no sorteo foron:

Carla Valle Pérez, Daniel Jorge Blanco, Itsela Pereira Fernández, José Lorenzo González, Josefa Cabaleiro Martínez, Manuela Pereira Martínez, Margarita Lago Alonso, María Ángeles Morgade Abilleira, María Isolina Lago Romero, Noelia Ibáñez Igual, Óscar Míguez Carballido, Rebeca Vila Lago, Rocío González González, Rodrigo Rodríguez Fernández, Sandra Calvar Castro, Sonia García Castro, Susana Mene Pazos.

·         Os comercios de Mos que formaron parte da campaña foron:

Librería Arte Ciencia, Artesa Cb, Bar Maceira, Bo Camiño, A Tenda do Peregrín, Bombom Ceremonia, Carnicería Irmáns Gallego, Comercial Bugarín S.L., Deportes González, El Rincón de Ana, Floristería Lola, Frutas Olga, Fundación Pazo de Mos, Irene Soto, Kibuc Ulla, EquipeMos, Limpiezas Laly, Lorenzo Comercial S.L., Mobles Soliño, Naturopatía Saluz, Pastelería Seijo, Peluquería Elsa Pereira, Pescadería Luz María, Pisamos Clínica de Podoloxía, Pais Automoción, Torgali.

O Concello de Mos traslada os seus parabéns a todas as persoas gañadoras e agradece tamén o seu compromiso cos negocios locais, auténtico motor económico e social do municipio.

Publicacións Relacionadas