HomeVigoMosMos concede a licenza de construción ao novo edificio de vivendas de...

Mos concede a licenza de construción ao novo edificio de vivendas de promoción pública en San Eleuterio

- Anuncio -spot_img

Foi aprobada hoxe en Xunta de Goberno Local e se prevé que a obra estea rematada a mediados do ano que vén

O Concello de Mos aprobou hoxe en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local a licenza para a construción de edificio para 20 vivendas de Promoción Pública VPP, garaxes e rochos en San Eleuterio, parroquia de Tameiga. Así o informou esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

A parcela na que se construirán e albergará estas vivendas foi cedida de xeito gratuíto polo Concello á Xunta de Galicia para que a administración autonómica poida edificar nela. Pola súa banda, a Xunta investirá máis de 4,1m€ na construción destas 20 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro.

Trátase dun edificio de tres alturas, con vivendas de entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos. O obxectivo é que as vivendas estean dispoñibles a mediados de 2026. Está previsto que o acto de colocación da primeira pedra se produza de xeito inminente para, a continuación, comezar as obras.

A Xunta licitou o pasado 1 de agosto o contrato desta actuación por máis de 4M€. Estas vivendas se adxudicarán en réxime de alugueiro e o obxectivo da Xunta e que estean dispoñibles a mediados de 2026, para elo se está a traballar arreo e hoxe aprobouse xa a concesión da licenza urbanística de construción do edificio, garaxes e rochos.

Esta promoción de vivenda pública de Mos se sitúa en solo cedido, de xeito gratuíto, polo Concello, sendo este un caso claro de exemplo da colaboración da administración local mosense para acadar o compromiso en materia de vivenda.

O novo edificio que se construirá nunha parcela da urbanización de San Eleuterio da parroquia de Tameiga terá 3 alturas, albergará 20 vivendas, que terán entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos.

Se trata dunha edificación na que se organizarán as vivendas e os diversos espazos comunitarios arredor de dous patios centrais, que permiten desfrutar aos residentes da entrada de luz natural, o que permitirá tamén unha boa a ventilación dos pisos, á vez que se favorece a relación co espazo exterior.

Publicacións Relacionadas